Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: GALICIA FIXO OS SEUS DEBERES NA DEFENSA DA FLOTA QUE SE ADICA A PESQUEIRA DA XARDA PERO ATOPOUSE CO INMOBILISMO DO MINISTERIO

Santiago, 18 de marzo de 2011.- O voceiro do Mar do  Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Baleiro Orol,  sinalou que a Consellería do Mar cumpriu “con creces” cos seus deberes na defensa da flota que se adica á pesqueira da xarda pero atopouse “coa cerrazón e inmobilismo” do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño quen reiteradamente insistitu que non se pode reabrir a campaña.

Na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia o voceiro popular valorou a última xuntanza mantida en Madrid para determinar o futuro desta pesqueira e na que se puxo de manifesto a discrepancia que separa aos representantes do sector pesqueiro respecto do Ministerio en relación cos datos contraditorios que ambos manexan e cos que se pretende xustificar o peche prematuro desta campaña.

Os populares dan por certo que existiu un amplo problema para determinar a cota consumida ata o momento e unha evidente complicación á hora de establecer con certeza os datos manexados. Balseiro Orol sigue insistindo en que é preciso tomar medidas para evitar “agora e no futuro, estes bandazos na determinación dos datos exactos e a incerteza de saber si se debe abrir ou pechar a pesqueira”.

INICIATIVA POPULAR.- Balseiro Orol sinalou que o Grupo Popular ten rexistrado unha iniciativa para que de determinarse que existiu un exceso de cota en 2010 se amplíe o prazo para devolver a sanción a dez anos e que se articule un sistema claro e eficaz para transmitir e determinar os datos de capturas da diferentes especies en España.

REUNIÓN COA MINISTRA.- O voceiro do Mar tamén abordou na Comisión de Pesca do Parlamento o contido do encontro entre o Presidente da Xunta de Galicia e a Ministra Rosa Aguilar o pasado mes de xaneiro. Lamentou que a titular do departamento estatal de asuntos marítimos fora moito máis explícita e fixera moitos máis anuncios nun acto político celebrado con posterioridade e organizado polo PSOE, que na propia xuntanza co xefe do Executivo galego. Sinalou que este comportamento “amosa o sectarismo co que se actúa desde o Ministerio, e o desprezo que caracteriza ao Goberno central cando se trata de abordar coas distintas administracións a xestión dos asuntos pesqueiros”.