Partido Popular de Lugo

Castiñeira cre que Orozco non está á altura que merece Lugo e esíxelle que poña nome e apelidos a quen ten que pedirlle desculpas

Lugo, 17 de marzo de 2011-. O voceiro do PP Jaime Castiñeira afirmou, en resposta á petición de Orozco de que a oposición lle pida desculpas, que «o candidato socialista non está á altura que merece Lugo», ao tempo que lle esixiu que rectifique as súas acusacións de hoxe cara a oposición no seu conxunto, «meténdonos a todos no mesmo saco». Castiñeira lembrou que «non toda a oposición actuou do mesmo xeito, polo que lle pide que diferencie entre o PP e o BNG».

«Pode estar moi nervioso e poden non saírlle as contas para as eleccións municipais», pero iso non xustifica que poida dicir «o que lle veña en gana e faltando á verdade».

O voceiro subliñou que lle parece «vergonzoso» que «descalifique a quen o apoiou nesa decisión urbanística» ao tempo que «si protexe a quen realmente o ofendeu logo desa Comisión». Neste senso, Castiñeira xulgou que Orozco actúa «de xeito claramente electoralista», posto que só actúa pensando en que a súa única opción para gobernar a partir do vindeiro 22 de Maio é apoiarse no BNG.

Castiñeira apelou á prensa do 3 de novembro (ver xornais Progreso, páxina 3 e Voz de Galicia, páxina L6), onde figura recollido que os populares se declaraban «satisfeitos coas explicacións sobre as últimas denuncias e sentenzas». O popular referíase ás preguntas rexistradas por el mesmo de cara á celebración dunha Comisión de Urbanismo na que se interesaba polos casos da Rúa Armórica e na urbanización de Abella na zona de Lamas de Prado.