Partido Popular de Lugo

Barreiro convida ós veciños de Meira a sumarse ó proxecto serio e responsable, que a través de Feijoo, está a liderar Galicia

Meira, a 17 de marzo de 2011.- “Nada do que o alcalde de Meira prometeu na campaña electoral de hai catro anos está feito”, así de contundente se amosou o presidente dos populares lucenses no acto de presentación do candidato popular neste municipio, Ramiro Pérez, no que tamén participou o líder do PPdeG Alberto Núñez Feijoo. Un resume que, ó enteder de José Manuel Barreiro, “deixa claro o que pasou neste municipio durante esta lexislatura”. “O vindeiro mes de maio debedes darlle as costas á quen nada fixo por vós e sumarvos ó proxecto, serio e responsable que representa o Partido Popular e que, a través de Núñez Feijoo, está a liderar Galicia”, explicitou.  

 

 

 

Porque foron, segundo explicou, catro anos perdidos nos que, ademais, incrementouse a débeda adquirida polo concello e os gastos de persoal, en boa parte pola adicación exclusiva que “indebidamente” está a cobrar o alcalde. Barreiro lembrou que a súa “asignación” lle foi rebaixada en maio de 2010 polo pleno da corporación “pero fixo caso omiso a esa decisión pese a que foi un acordo adoptado por maioría”.

Tras salientar que o PP de Meira gañou as eleccións municipais de 2007, o líder dos populares lucenses indicou que o “desgoberno imperante neste municipio é unha lacra para os veciños ó que hai que poñer freo”. Neste punto fixo un paralelismo coa situación que vive o resto de España: “As decisións que adoptan os socialistas en Madrid afectan por igual a todos os habitantes deste país; como tamén afectan a todos os veciños da provincia de Lugo as decisións que toma o bipartito na Deputación”, que, segundo apuntillou, “están, en colaboración necesaria co BNG, taxativamente encamiñadas a responder o interese partidista”.

Decisións que, segundo engadiu, non redundan en beneficio dos cidadáns, “máis ben é todo o contrario, é un castigo; é facer responsables ós pensionistas, á clase traballadora en xeral e ós parados en particular, da incapacidade dos socialistas para dar solucións ós graves problemas económicos nos que estamos sumidos”.

“A súa ineficacia a trasladana a todos aqueles ámbitos nos que teñen responsabilidades de goberno e non podemos permitir seguir amparando esta maneira de enteder e facer política”, engadiu.

 

Barreiro asegurou que hai “motivos suficientes” para censurar a socialistas e nacionalistas, “e neste caso concreto de Meira tamén a outros partidos “da órbita dos chamados independentes” poque non é xa que este concello non avanzara nada nesta lexislatura, o peor é que retrocedeu. “Temos que explicarlle ós veciños de Meira, a un por un, se é necesario, que non se pode seguir a perder o tempo e que ou nos subimos ó tren do progreso ou quedarémonos atrapados nun andén morto”.

“O PP”, concluiu, “é o único partido que neste intre, extremadamente difícil, pode ofrecer a seguridade de que teñamos por diante tempos mellores.  O exemplo máis próximo está en Santiago, representado polo goberno que preside Núñez Feijoo”.