Partido Popular de Lugo

“A alcaldesa de Guitiriz é copartícipe da mala xestión que se está a facer na Deputación”, asegura Barreiro

 

Guitiriz, a 17 de marzo de 2011.- José Manuel Barreiro centrou o seu discurso durante o acto de presentación do candidato do Partido Popular nas vindeiras eleccións municipais en Guitiriz “na xestión partidista e sectaria” realizada polo goberno bipartito na Deputación.  E fixoo porque, segundo salientou, a alcaldesa deste municipio “é copartícipe desta actuación de goberno mal entendida” dado que  forma parte do equipo que lidera José Ramón Gómez Besteiro.

Para o presidente dos populares de Lugo é “unha obviedade” que na administración provincial “impúxose” durante este lexislatura “o interese partidista e a búsqueda do rédito electoral”.

Demostrao a elección dos concellos onde a administración provicial pretende construir mini residencias para a terceira idade, os concellos beneficiados polo plan extraordinario de obras ou mesmo o retraso premeditado ata agora, “a un par de meses das municipais”, de proxectos, aprobados xa polo anterior goberno provincial, que xa podería, “e debería de feito”, estar operativos. 

Demostrao tamén o momento elexido para poñer en marcha o Plan LugoEmprega, “que dará ainda moito que falar” segundo vaticinou, no que non primou “nin a necesidade nin os méritos, só o carné político ou as simpatías dos aspirantes”. “Por poñer só algúns dos ejemplos máis renuentes”, apuntillou.

Ós calificativos de “partidista e sectario” aplicados ó goberno provincial, Barreiro sumoulle os de “ineficaz e despilfarrador”. Ineficaz porque en nada contribuiu a mellorar as condicións de vida dos cidadáns desta provincia nin a dinamizar os sectores productivos básicos; e despilfarrador porque, ademáis de multiplicar por dez a débeda da institución nesta lexislatura, “adicaron boa parte dos cartos de todos os lucenses a pagar os seus propios salarios ou os dos seus colaboradores”.

O presidente dos populares lucenses recalcou, “como dato ilustrativo”, que o equipo de goberno da Deputación costa case tanto como o da Xunta de Galicia, “pese a que a diferencia entre os orzamentos que manexan uns e outros son ben distintos”.

No acto de presentación de Xosé María Teixido como cabeza de lista do PP en Guitiriz, no que tamén participou, entre outros cargos electos e orgánicos da formación política, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, José Manuel Barreiro exhortou ós asistentes a traballar a reo para acadar o vindeiro mes de maio “o suficiente respaldo como para apartar ós socialistas da Alcaldía”.

A “marca socialista é ben coñecida” dixo. “Vímola na Xunta, estámola a sufrir eiquí e na Deputación, e qué vou dicir do goberno de Madrid”, preguntouse: “Zapatero é incapaz de sacarnos do lío no que nos meteu. É así de sinxelo”.

“Outros xeitos de ver, entender e actuar en política é posible. Agora só nos resta ser capaces de trasladar a nosa visión e o proxecto que queremos levar a cabo en Guitiriz ós veciños. Se llo explicamos ben, estou convencido de que apostarán por nós”, concluiu.