Begonte, a 16 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Begonte mantivo a última hora da tarde de onte unha xuntanza para conformar un grupo de traballo que se encargará de organizar os preparativos necesarios de cara á celebración das vindeiras eleccións municipais neste concello, do que tamén forman parte membros do grupo independente que recentemente se integraron no PP.
O presidente provincial do Partido Popular participou no encontro, xunto co cabeza de lista José Ulla e o seu número dous e actual alcalde Antonio Vázquez.
José Manuel Barreiro aproveitou a ocasión para coñecer de primeira man as inquedanzas e propostas dos afiliados e simpatizantes. Neste senso detectou unha gran ilusión e, en base a ela, amosouse confiado en que o PP acadará o vidneiro 22 de maio uns bos resultados que permitirán conformar un goberno forte e estable, capaz de responder axeitadamente as necesidades dos veciños de Begonte.