Partido Popular de Lugo

Barreiro animou ós monfortinos a participar na elaboración do programa electoral que está a realizar Julia Rodríguez

Monforte, a 16 de marzo de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular participou hoxe na inauguración da oficina da candidata desta formación política en Monforte. Un espacio, segundo explicou José Manuel Barreiro, concebido para que todos os cidadáns de Monforte poidan ter un contacto directo coa cabeza de lista Julia Rodríguez, e, ademais de coñecela e ter acceso directo e de primeira man ó proxecto político que está a idear para o municipio, lle fagan chegar, “tamén en primeira persoa”, as súas suxerencia e demandas.

“Un programa electoral ten que ser un documento vivo, por eso é tan relevante a opinión e as aportacións que faga o maior número de persoas posible, sexan ou non militantes do Partido Popular”, explicou Barreiro.  “Cantas máis visións e sensibilidades recolla, máis completo será e máis encamiñado estará a cubrir as demandas do conxunto da cidadanía, aínda que non podemos obviar o momento no que nos atopamos e está claro que, dada a delicada situación económica existente, hai que ser realistas e, polo tanto, moi austeros e priorizar moi ben os gastos”, engadiu.

Tras participar na apertura da oficina da candidata, José Manuel Barreiro asistiu tamén, xunto con Julia Rodríguez e o voceiro municipal Manuel López Eiriz, entre outros cargos electos e orgánicos do partido, a un encontro con afiliados e simpatizantes. Na xuntanza Barreiro insistiu na necesidade “inaplazable” de dar solución ós problemas económicos ós que se enfronta o país e amosouse convencido de que dende os concellos podese contribuir, “decidida e determinantemente”, a acadar ese obxectivo. 

Neste contexto asegurou que para poder facelo é preciso contar con persoas “competentes e con ideas, que sexan capaces de racionalizar e planificar moi ben o gasto e, sobre todo, que ofrezan garantías de que van a efectuar unha xestión extremadamente eficiente”. Segundo a súa opinión, Julia Rodríguez reúne estas características e o Partido Popular, engadiu Barreiro, “deu sobradas mostras de ser capaz de impregnar de luz o que estaba sumido en sombras”.

O presidente dos populares lucenses insistiu en que en “momentos de zozobra como este” é “máis necesario que nunca” contar con gobernos municipais estables e fortes. “En Monforte, porque se nós non ganamos por maioría, temos claro que non nos van deixar gobernar, cabe a posibilidade de que volva a repetirse o bipartito, con todo o que eso conleva: reparto de competencias e funcións, e duplicidade de gastos para manter o propio goberno; e eso non é o que máis lle convén a este concello”, dixo. Advertiu ademais que apoiar a socialistas e nacionalistas é respaldar a “nefasta” política económica desenvolvida polo goberno Zapatero “que contribuiu a fundirnos no burato no que estamos”.

Salientou, a este respecto, que falar dos problemas económicos que vive o Estado é falar dos problemas de cada un dos veciños de Monforte ou de calquer outro concello de Lugo, Galicia ou España. “A todos nos repercute, vivamos onde vivamos, a conxelación das pensións, a taxa do paro, o incremento dos impostos ou a subida xeralizada dos precios”, apostillou, ó tempo que puntualizou que “hai un xeito distinto de ver as cousas, enteder a política e, por suposto, tamén de gobernar”. 

Para Barreiro, un exemplo inequívoco das distintas maneiras de gobernar é a da Xunta, “que vai cumprindo os seus compromisos”, en contraposición coa do Estado. “Sen ir máis lonxe, o ministro José Blanco, que tanto nos visita últimamente, ten moitas actuacións pendentes nesta zona, obras como a autovía a Ponferrada ou mesmo a de Monforte Chantada, que sempre promete pero que pasan e pasan os anos e non chegan a concretarse nin sequera a vislumbrarse”.