Partido Popular de Lugo

O PP lémbralle ó alcalde de Monterroso que a competencia sobre o estado dos camiños rurais é do concello

Lugo, a 15 de marzo de 2011.- O PPdeLugo, ante as criticas realizadas polo rexidor de Mondoñedo sobre o estado no que se atopan varios camiños rurais neste municipio, puntualiza que a competencia directa sobre o estado destes viais é responsabilidade directa do Concello.

Os populares amosan tamén a súa sorpresa polas protestas efectuadas por Antonio Gato posto que a actual Xunta de Galicia está a executar as obras incluídas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM) dun xeito máis áxil có goberno galego anterior. Por elo, ó seu entender, resulta chamativo que durante a pasada lexislatura o Concello de Monterroso non se queixara desa circunstacia nin fixera ostentación pública dela.

Explican ademais dende o PPdeLugo que Monterroso forma parte do Plan Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible, por estar incluído nunha área gandeira, pero ata o momento o alcalde non efectuou ningunha xestión para percibir as axudas que conleva e que, neste caso concreto, ascende, en total, a 219.000 euros. Non entenden os populares como é posible que por unha banda o rexidor se laie de falta de apoio e por outra renuncie a percibir liñas de axuda.

Salientan ademais que, en todo caso, o prazo vixente para rematar as obras do Plan Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible é do 30 de novembro e, no que atinxe as obras incluídas no PEIM, o 31 de decembro do ano 2011. Polo tanto, conclúen, a execución das obras incluídas nestes plans de actuación están dentro de prazo.

Os populares lamentan, por tanto, que Gato terxiverse a realidade e pretenda responsabilizar á Xunta dunhas demoras que non son tal para así desviar a atención sobre quen realmente ten a responsabilidade neste asunto, que non é outro que el mesmo.