Partido Popular de Lugo

Jorge Moirón asume a dirección de Novas Xeracións na Pontenova

A Pontenova, 14 marzo de 2011.- A executiva local de Novas Xeracións da Pontenova constituíuse onte coíncidindo co xantar do Partido Popular da localidade. Durante a celebración estiveron presentes o diputado autonómico, Agustín Baamonde; o secretario xeral do PP e diputado, José Manuel Balseiro; a senadora, María del Carmen Geimunde; o candidato do PP á alcaldía local, Jorge García; o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega; xunto con rexedores doutros concellos da Mariña e membros das xuntas locais de Novas Xeracións.

O novo presidente de NNXX da Pontenova, Jorge Moirón  manifestou a ilusión da nova executiva e reincidiu  nas ganas de traballar “pola xente nova e polo noso concello”. Un reto de futuro no que estará acompañado do secretario, Álvaro Cabo e dos vogais, Bruno Acebras, Mónica Uría e Daniel Veiga.

Pola súa banda, o presidente provincial de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, felicitou á nova executiva por formar parte dunha agrupación caracterizada pola “liberdade e por ser o reflexo da xuventude”. De igual maneira, Vega animou a nova xunta a traballar para que o Partido Popular da Pontenova gañe as próximas eleccións municipais, ao tempo que lles ofreceu o apoio dende a executiva provincial. O presidente provincial tamén recordou que “desta maneira Novas Xeracións segue traballando para constituír xuntas locais en cada municipio lucense.