Lugo, a 14 de marzo de 2011.- O presidente do PPdeLugo calificou de “insólito” que José Blanco “se atreva a dicir que é unha sorte que goberne o PSOE en plena crise”. “É dun sarcasmo e dunha soberbia máxima que un ministro veña a Lugo a decir semellante disparte cando, se por algo se caracterizou o goberno de Zapatero, é precisamente por ser o artífice do retroceso económico no que nos atopamos. Os datos están aí, nos seguimos baixando mentres outros países do noso entorno xa están na senda da recuperación”, engadiu.
José Manuel Barreiro explicou que o “único que demostrou o goberno socialista ata o momento é que é incapaz de sacarnos da crise, que eles mesmos contribuiron a magnificar cunha política económica errónea e errática”. “O goberno do que forma parte o ministro Blanco converteu a España na campeona de Europa en destrucción de emprego e colocou ó noso país á cabeza de todo o mundo no que a taxa de emprego xuvenil se refire”, apuntillou, polo que se preguntou qué tipo de garantía pode ofrecer o PSOE.
Neste senso, lembrou que a “debacle” socialista en materia de emprego “é unha constante histórica”. Así, indicou que o goberno presidido por Felipe González deixoulle ó PP unha taxa de parados do 20 por cento; “Aznar colocouna no 10 por cento e Zapatero voltou a incrementala ata o 20 por cento: 4,7 millóns de parados; o 40 por cento dos xóvenes se emprego; nove millóns de fogares sumidos na pobreza… Esa é a sorte á que alude José Blanco?”.
Para Barreiro non hai dúbida: O principal problema de España é o goberno do que forma parte o ministro Blanco.
O presidente dos populares lucenses tamén lle reprochou a José Blanco que “unha vez máis” desaproveitara o seu periplo pola provincia de Lugo “para dar explicacións sobre os retrasos que seguen a acumular infraestructuras moi importantes para Lugo e que cuxa execución dependen directamente do seu ministerio”.
Neste senso fixo mención ó tramo estatal do Corredor da Costa para o que, segundo recalcou, “nin hai un euro nin se moveu unha pedra mentres que o tramo de competencia autonómica seguen a avanzar”; as autovías Lugo-Ourense, Ponferrada-Monforte e Monforte-Chantata ou mesmo a Alta Velocidade. “O Sr. Blanco, como fai sempre, fala do que debería calar; e cala sobre o que debería falar”, concluiu.