Partido Popular de Lugo

A comisión de sanidade organizou un foro aberto sobre violencia no marco sanitario

Lugo, a 14 de marzo de 2011.- A Comisión de Sanidade do Partido Popular, que preside José Manuel Piñeiro Somoza, organizou hoxe un novo foro aberto no que se analizou a violencia no marco sanitario. O doutor Francisco Vidal Pardo impartiu unha conferencia sobre o asunto á que seguiu un animado e participativo coloquio.