Partido Popular de Lugo

Os organizadores da Feira do Viño de Chantada impiden o acceso de cargos electos dos PP ó palco de autoridades durante a lectura do pregón

Chantada, 13 de marzo de 2011.- Os organizadores da Feira do Viño de Chantada impediron o acceso de cargos electos dos PP ó palco de autoridades durante a lectura do pregón. Un policía local indicoulles ós representantes populares que non se atopaban na lista de autoridades. Os afectados foron o senador José Manuel Barreiro; o deputado nacional Joaquín García e os deputados autonómicos Dámaso López, Danivel Varela e José Antonio García, así como a Secretaria xeral de Familia, a chantadina Susana López Abella.

José Manuel Barreiro calificou o feito de «insólito» e asegurou que «nunca» se ten producido unha situación semellante. Lamentou que «o interese partidista» se impuxera nun acto adicado á exaltación do viño de Chantada. Salientou asimesmo que todas as persoas ás que se lle impediu o acceso ó palco de autoridades son cargos electos no ámbito nacional e autonómico e que, polo tanto, son representantes públicos elexidos polos veciños de Chantada.