Partido Popular de Lugo

Os niveis de execución orzamentaria da Deputación nos chega nin ó 50 por cento

Lugo, a 12 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular acusa a José Ramón Gómez Besteiro de deixar sen executar prácticamente a metade do orzamento co que contou a Deputación nos exercicios 2008, 2009 e 2010.

Desta circunstancia, os populares extraen dúas conclusión. A primeira delas é que o goberno provincial é un mal xestor, incapaz de aproveitar os recursos dos que dispón e, o que é peor, de revertirlos en beneficio da provincia e dos seus ciudadáns.

A segunda conclusión é que, tras esta incapacidade manifesta e constatable documentalmente, agóchase un intese partidista do que o GPPP leva alertando toda a lexislatura á vista, precisamente, dos baixos niveis de execución orzamentaria: o goberno provincial retrasou premeditadamente á materialización do seu orzamento para poder despregar a súa capacidade inversora no último tramo de mandato. É dicir, próximas as eleccións municipais, aparentar unha maior actividade que, dadas as circunstancias non é tal e que evidentemente ocasionou un grave perxuicio ó conxunto dos habitantes desta provincia. O resultado é, por exemplo, que se inician agora obras de arranxo ou mellora de estradas que deberían estar rematadas xa dende o 2008.

Para argumentar estas críticas, o GPPP bota man dos datos facilitados pola propia Deputación de Lugo, nos que asegura que, a 28 de febreiro deste ano, tiña executado únicamente o 46,9 por cento do orzamento previsto para o 2010.
A situación dos exercicios anteriores non é moito mellor, posto que do consignado para o 2009 só se executou o 54,94 por cento; e no 2008, o 46,7 por cento.

Dito doutro xeito, o baixo grao de execución presupuestaria fixo posible que a administración provincial pechara o orzamento de 2010 cun remanente de crédito de algo máis de 120 millóns de euros. 

Esto corrobora, segundo insisten en salientar os populares, as sospeitas que reiteradamente levan manifestando de que Gómez Besteiro emprega a Deputación e os fondos dos que ésta dispón como se fosen propios e antepoñendo sempre o beneficio partidista ó interese xeral. Segundo apuntillan, este proceder explica a razón pola que durante estes últimos tres anos e medio non houbo ningunha mellora salientable na provincia que poidera atribuirse á Deputación nin no que atinxe a infraestructuras, mellora ou ampliación de serivicos básicos ou mesmo apoio decidido ós sectores productivos básicos que non está a pasar polo seu mellor momento.