![]() |
![]() |
Monterroso, a 7 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Lugo quixo sumarse hoxe á celebración do Día internacional da muller visitando un “peculiar” lugar de traballo, a Granxa Maruxa. A elección non foi casual, segundo indicou o presidente provincial dos populares: “Interesámonos por esta iniciativa empresarial, ademais de porque a súa promotora, Marta Álvarez, é un exemplo de muller emprendedora, porque apostou polo sector primario, concretamente o gandeiro, que non está a pasar precisamente polos seus mellores momentos, e porque coa súa opción vital contribúe a concienciar a outros de que a vida no medio rural non só é posible e, pese as dificultades, rendible, senón tremendamente satisfactoria”.
![]() |
![]() |
José Manuel Barreiro indicou que Granxa Maruxa converteuse nun referente, pero tamén nun exemplo de superación. Na súa opinión denota, ademais dunha enorme dose de valentía, “porque non é demasiado frecuente que unha persoa de cidade, con formación universitaria, se deixe cautivar e conquitar pola vida rural, e menos aínda por unha actividade tan vinculada á terra”.
Tamén, segundo recalcou durante a visita efectuada ás instalación na que estivo acompañado polos deputados autonómicos Emma Álvarez, Isabel García e José Manuel Balseiro, a congresista Olga Iglesias e polo voceiro local popular José Rojo, entre outros, é de salientar que, nun contexto de crise tan forte como actual no que o sector primario é un dos grandes perxudicados, apostará pola especialización como recurso para esquivar os atrancos. Unha especialización aplicada non só a unha producción ecolóxica e de calidade, co valor engadido que elo supón, senón pola diversificación coa posta en marcha dunha liña de productos de delicatesen, coas “maruxas de nata” como reclamo, ó que seguramente lle seguirán outros máis.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os populares valoraron igualmente o “trato exquisito” dispensado ós animais. “Non é habitual atopar unha preocupación tan acusada por asegurarlles o maior grao de benestar posible nuns tempos nos que, a necesidade de minimizar gastos e incrementar productividade, fai que se descuiden estes aspectos en aras dunha producción máis intensiva.
“Marta Alvarez está orgullosa de ser gandeira e xa por ese motivo constitúe un exemplo a valorar e a seguir”, apuntillou Barreiro.
![]() |
![]() |
MOITO CAMIÑO POR ANDAR.- Os populares indicaron que pese a que nos últimos anos avanzouse moito na consecución da igualdade real entre homes e mulleres no ámbito laboral, queda aínda moito por andar, e máis se se ten presente que en momentos de crise económica como o actual os avances neste eido ralentízanse. A este respecto salientaron que, un dos efectos colaterales da crise, fixo que a taxa de paro entre homes e mulleres se atope case parella, aínda que continúan a ser as mulleres as máis perxudicadas.
![]() |
![]() |
Neste contexto tamén salientaron que, segundo os datos do cuarto trimestre do pasado ano, a taxa de actividade dos homes está dez punto por riba da das mulleres (preto do 62 por cento fronte ó 48%); ó igual que a taxa de ocupación (52,1 fronte ó 40,1) mentres que no que atinxe á eventualidade a dos homes é máis baixa, 21,9% fronte ó 28,7. Támen é unha realidade que as mulleres ocupan menos postos directivos pese a que preto do 32 por cento ten estudios superiores (no caso dos homes non chegan ó 28%) e que, en xeral, cobran menos, un 23 por cento de media en Galicia (a diferencia na provincia de Lugo é algo máis baixa: 17,7%).
Tamén hai diferenzas salientables na coantía das prestacións que perciben as mulleres por desemprego (un 18,2 menor que a dos homes) e mesmo nas pensións (por riba do 26%).
“Hai desigualdades e hai que seguir traballando para erradicalas e esa é unha laboura na que temos que implicarnos todos”, aseguraron os representantes populares.
![]() |
![]() |