Palas de Rei, 5 de marzo de 2011.- Pablo Taboada, cabeza de lista do Partido Popular en Palas de Rei, integrará na candidatura coa que concurrirá ás eleccións muncipais do vindeiro mes de maio a Fernando Pensado, actual alcalde da localidade, como número dous.
Taboada explicou que o Partido Popular de Palas non pode permitirse prescindir das persoas máis relevantes e competentes coas que conta a formación de cara á próxima cita electoral e entre as que, segundo recalcou, atópase Pensado.
O cabeza de lista popular tamén anunciou que apostará pola renovación á hora de conformar o resto da candidatura, incorporando xente moi nova, e que haberá tamén unha ampla representación feminina nos postos de saída.