Santiago , 4 de marzo de 2011.- O PPdeG, a través da súa voceira de Medio Rural Isabel García Pacín pide aos socialistas galegos que “falen menos e fagan menos demagoxia sobre o sector lácteo galego e actúen máis ou que, polo menos , deixen actuar ” en referencia as súas reivindicacións de que a Xunta lidere un grupo lácteo galego aproveitando as instalacións de Clesa en Caldas de Reis. García Pacín pide que “deixen de confundir a xente e tratar de desviar a atención dun problema grave xa que eles saben perfectamente que neste momento existe un problema económico dunha empresa privada como é Clesa e os primeiros pasos os ten que dar o grupo propietario”. “Ninguén pode decidir sobre unha empresa que é propiedade privada e é esta a que ten que dar os primeiros pasos ou plantexar a saída que lle quere dar” indica a voceira de medio Rural.
“Creo que deben traballar mais e falar menos que é a forma na que se pode avanzar e non lanzando mensaxes baseadas en demagoxias políticas” indica García Pacín para quen a principal cuestión radica en saber cal é a situación da empresa e a posición que ten o grupo propietario. “ Os socialistas tratan de desviar a atención dun problema grave no que o PPdeG ten toda a disposición de colaborar na súa resolución pero o que menos necesita o sector e os traballadores e que falen por falar en vez de tratar de buscar unha saída viable a factoría que ten que comezar ineludiblemente pola posición do seu propietario” segundo García Pacín.
“Por suposto que si existe algún proxecto por parte das cooperativas nós imos a apoialo pero ten que haber unha proposta concreta e é necesario falar co dono da empresa” indica a voceira popular de Medio Rural. García Pacín recorda que “a actual Xunta de Galicia sempre amosou a súa disposición ao diálogo pero é necesario coñecer a posición da propiedade e o plantexamento das cooperativas”.A deputada popular recorda que a principal preocupación do PP son primeiros productores ou gandeiros “o sector menos protexido e polo que está a traballar dende un primeiro momento a Xunta de Galicia”.