Lugo, a 4 de marzo de 2011.- O actual alcalde independente de Begonte integrarase no Partido Popular. Anunciouno hoxe o presidente provincial dos populares José Manuel Barreiro, quen compareceu en rolda de prensa acompañado polo rexidor, Antonio Vázquez, e o voceiro do grupo municipal popular José Ulla.
![]() |
Segundo explicou Barreiro, en momentos difíciles coma os actuais cunha situación económica extremadamente compricada, “non podemos permitirnos facer experimentos”, polo que é necesario asegurar a creación de gobernos fortes que sexan capaces de mellorar as condicións de vida dos veciños ós que representan. “Ese é o obxectivo deste acordo, xuntar a estructura coa que conta o PP en Begonte e os independentes e buscar a mellor defensa e properidade para este municipio”, indicou.
O presidente provincial dos populares lucenses agradeceu a “xenerosidade” amosada por Vázquez e Ulla neste proceso de integración, ó tempo que recalcou que agora o que toca e “seguir traballando”.
Pola súa banda, José Ulla e Antonio Vázquez coincidiron en salientar que “a decisión foi moi meditada” e que “impúxose o interese xeral sobre o particular” para constituir un grupo forte que esté en condicións de liderar o concello os vindeiros anos nun contexto económico que se vislumbra difícil.
Aínda que, segundo explicaron, a lista electoral coa que concurrirán ás vindeiras eleccións do mes de maio non está pechada, si confirmaron que José Ulla encabezará a candidatura e que Antonio Vázquez ocupará o número dous.