A Fonsagrada, 3 de marzo de 2011.- O presidente do PPdeLugo José Manuel Barreiro e a deputada Emma Álvarez acudiron a última hora da tarde de onte A Fonsagrada para “aclarar” todas as dúbidas que sobre a nova Lei de augas lles plantexaron os veciños da parroquia de Vega Logares e para “desmontar as mentiras” que socialistas e nacionalistas están a contar sobre este asunto. Aseguraron, de feito, que a partir de agora non se vai pagar máis pola auga senón que se vai a aplicar unha tarificación diferente en función do consumo. Algo que, segundo recalcaron, é máis xusto e equitativo.
Segundo explicaron no encontro, que foi aplazado en dúas ocasións por culpa da climatoloxía, a citada Lei tampouco inclúe a imposición de tributos novos, non obriga a poñer novos contadores e os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedan exentos de pagar o canon da auga. Durante o encontro, no que tamén participou o voceiro local dos populares Tobías Martínez, os populares especificaron ademáis que “na práctica” os usuarios de captacións propias ou comunais non terán que abonar ningún canon, posto que se beneficiarán de bonficacións de ata un 90 por cento.
Salientaron asimesmo que a nova lei vén imposta pola Unión Europea, a Directiva Marco da Auga, e que polo tanto é de obrigado cumprimento.
Os populares advertiron de que tanto socialistas como nacionalistas están a manipular a realidade e contando mentiras sobre esta lei, o que, segundo recalcaron, está a alarmar ós veciños “innecesariamente”.