![]() |
Monforte, a 3 de marzo de 2011.- José Manuel Barreiro afirmou hoxe en Monforte durante a presentación dos candidatos da Zona Sur ás vindeiras eleccións municipais, á que, entre outros cargos orgánicos e electos, asistiu Samuel Juárez e José Manuel Balseiro, que “o PP é o único partido capaz de xestionar os concellos de xeito responsable; de aplicar nos concellos o que todos, con sentido común, facemos nas nosas casas: gastar só o que se debe e aforrar todo o que se pode”.
Durante a súa intervención asegurou que dende os concellos pódese contribuir a arranxar os “graves poblemas” que ten España, ó tempo que adviertiu que votar ós socialistas nas vindeiras eleccións municipais é dicir si a Rodríguez Zapatero, “deixar que a nefasta política que aplicou no goberno do Estado se traslade ós concellos”.
![]() |
O presidente do PPdeLugo recoñeceu que os efectos da crise económica, “agravada pola política sen rumbo de Zapatero”, vai a obrigar a todas as institucións, ó igual que ós cidadáns, a continuar “co cinto apretado algún tempo máis”, pero puntualizou que en momentos de dificultade, e mesmo nos de bonanza económica, “hai quen fai os deberes e quen non”. A este respecto salientou que a Xunta, “pola súa política de austeridade e de racionalización do gasto”, voltará a cumprir os obxectivos de déficit público que o Consello de política fiscal e financiera lle marcou para o 2010, como xa o fixo no 2009.
![]() |
“Aí está a diferencia entre a acción de goberno de uns e outros; aí está a diferencia de contar con bos xestores ou con manirrotos”. Por eso, “por rigor e eficiencia” considera que é “imprescindible” apartar a socialistas e nacionalistas das alcaldías. “Xa sabemos o que dá de si o goberno socialista de Zapatero, o que fixo o bipartito na Xunta e o que está a facer o bipartito na Deputación de Lugo, cuxo equipo de goberno custa tanto como Feijoo e os seus dez conselleiros xuntos pese a xestionar un orzamento ridículo en comparación co da Xunta”, apuntillou.
![]() |
Barreiro alertou neste contexto dos “matrimonios de conveniencia creados polos partidos que perden as eleccións para evitar que goberne o Partido Popular” para recalcar que a “nós, polo tanto, non nos chega con gañar, temos que acadar a maioría porque a estratexia dos demais xa a coñecemos”. “En Monforte ou na Pobra de Brollón xa sabedes o que conleva un goberno bipartito: ter dous alcaldes, ter un equipo de goberno dividido por competencias no que cada un tira para o seu lado. Un goberno ineficaz, en definitiva, porque está máis preocupado de si mesmo que de solucionar os problemas dos veciños ós que representa”.
Advertiu neste senso da “posibilidade” de que en Monforte volva a repetirse “o acordo a dúas bandas, que o PSOE xa recoñeceu que é ó que aspira”. Avisou asimesmo dos candidatos “que venden fume”, “eses que eleccións tras eleccións falan de facer autovías ou de crear empresas pero que, á hora da verdade, nada do que din se fai realidade”. “Non é o momento de perder o tempo”, concluiu.
![]() |
![]() |
Bóveda
José Manuel Arias López
Naceu o 18 de febreiro de 1962. Está casado e ten unha filla.
Iniciou a súa actividade política como concelleiro en 1991. Dende 1999 ocupa a Alcaldía. Preside o comité local do PP dende 2008.
Folgoso do Courel
Dolores Castro Ochoa
Naceu en Moreda o 5 de maio de 1977. Está casada e ten un fillo.
É secretaria de dirección.
Iniciou a súa actividade política en 2007.
![]() |
![]() |
Monforte
Julia Rodríguez Barreira
Naceu o 18 de decembro de 1966. Está casada e ten dous fillos. É licencidada en Dereito e tras varios anos desenvolvendo a súa actividade profesional en A Coruña, en 1998 retornou a Monforte onde continúa exercendo como avogada.
Pantón
José Luís Álvarez Blanco
Naceu o 26 de novembro de 1949. Está casado e ten dúas fillas.
É xubilado de banca.
Foi tenente de alcalde entre 2003 e 2007. No 2007 xa encabezou a candidatura do Partido Popular, ocupando a Alcaldía dende entón.
![]() |
![]() |
A Pobra de Brollón
David López Goyanes
Naceu na Pobra do Brollón o 31 de maio de 1958.
É ferroviario. Está separado e ten dous fillos.
Ocupou a Alcaldía neste municipio entre 2004 e 2007. Nas vindeiras eleccións municipais estrearase como cabeza de lista do PP.
Quiroga
Julio Alvarez Núñez
Naceu o 18 de agosto de 1957. Está casado e ten tres fillos
É ATS e ocupa a alcaldía de Quiroga dende 1987. Foi presidente fundador da Fegamp. Dende o 2000 preside o comité local do PP.
![]() |
![]() |
Ribas de Sil
Jesús Ballesteros Pardo
Naceu en San Clodio o 8 de decembro de 1942. Está casado e ten tres fillos.
É informático xubilado
Iniciou a súa andaina política en 2007 como concelleiro en Ribas de Sil.
O Saviñao
Joaquín González González
Naceu o 5 de maio de 1955. Está casado e ten un fillo.
É gandeiro.
Ocupa a Alcaldía de O Saviñao dende 1991 e preside o comité local do Partido Popular dende 1989.
![]() |
Sober
Luis Fernández Guitián
Naceu en Sober o 29 de novembro de 1962. Está casado e ten unha filla. É músico e profesor de música. Foi concelleiro do PP en Sober na lexislatura1999-2003, na que tamén exerceu coma segundo tenente de alcalde.