|
Sarria, a 3 de marzo de 2011.- “Estamos nun momento crucial”, asegurou hoxe en Sarria o líder dos populares lucenses durante a presentación dos candidatos da súa formación política ás eleccións do vindeiro 22 de maio na comarca sarriana. “A situación económica é tan delicada e o goberno do Estado está a xenerar tal nivel de desconfianza que é preciso unha rexeneración total dos principios que rixen a acción de goberno neste país. E na próxima cita electoral temos a oportunidade de dicir, alto e claro, en todos os concellos desta comarca e desta provincia, que estamos fartos de experimentos, de bipartitos e tripartitos, e o que queremos, e necesitamos, son alcaldes sensatos, traballadores e entregados en corpo e alma á causa que os colocou nese posto e que non é outra que a defensa de todos e cada un dos veciños dos concellos ós que representan”.
![]() |
“É máis”, apuntillou, “votar o vindeiro mes de maio ós socialistas é dicir si á Zapatero, e deixar que a política de Zapaterao se instale tamén nos concellos con todo o que elo significa”.
“Non hai máis opcións”, asegurou José Manuel Barreiro: “ou nos desfacemos de socialistas e nacionalistas e os botamos das alcaldías que aínda ocupan, e rachamos por tanto coa súa política de adicarse exclusivamente a buscar o beneficio propio o dos seus amigos de partido, ou en poucos meses atoparémonos que máis de un concello non poderá pagar nin os salarios do seu persoal”.
Para Barreiro, si socialistas e nacionalistas son pésimos xestores por separado, “xa podedes imaxinar como o serán xuntos, aínda que aquí, en Sarria, sabedelo moito mellor porque, por desgracia, tedes tripartito, aínda que a súa xestión non se multiplicou por tres, máis ben dividiuse por tres”. “Son tantos a pensar”, ironizou o lider dos populares lucenses, “que non foron capaces nin de executar o que o Partido Popular lle deixou feito na época de José Antonio como alcalde”.
![]() |
O presidente dos populares lucenses exhortou ós candidatos da comarca de Sarria e ós afiliados e simpatizantes a “difundir porta por porta o noso proxecto e as nosas ideas”. “Temos que convencer ós veciños que a mellor opción, a única que ofrece garantías, é a do Partido Popular, e para facelo non son necesarios discursos grandilocuentes, basta con dicir a verdade. E non vos esquezades de que a nós non nos chega con gañar, temos que acadar maiorías absolutas para poder gobernar”, dixo.
![]() |
No acto de presentación dos candidatos da comarca de Sarria participaron, entre outros cargos orgánicos e electos do Partido Popular, Samuel Juárez e José Manuel Balseiro.
![]() |
![]() |
O Incio
Ángel Camino Copa
Naceu en Laiosa (O Incio) o 24 de febreiro de 1944.
Ocupa a alcaldía dende 1991.
Láncara
Eladio Capón López
Naceu en San Pedro de Bande (Láncara) o 6 de decembro de 1938.
Está casado e ten tres fillos.
É alcalde dende 1983 coa salvedade do primeira ano e medio da presente lexislatura.
Paradela
José Manuel Mato Díaz
Naceu en Paradela o 4 de maio de 1954. Está casado e ten dous fillos.
É empregado de Extensión Agraria en excedencia.
Dende 1987 ocupa a Alcaldía de Paradela baixo as siglas do PP.
O Páramo
Gumersindo Rodríguez Liz
Naceu o 21 de maio de 1951.
Está casado e ten tres fillos. É ATS.
Ocupa a alcaldía de O Páramo dende 1983.
![]() |
![]() |
Samos
Marta Rodríguez González
Naceu en Samos o 19 de setembro de 1975. Está casada e ten unha filla.
É inxeñeira técnica en Química Industrial e traballa como profesora de formación vial.
Inicia agora, como cabeza de lista do Partido Popular, a súa andaina política.
Sarria
José Antonio García López
Naceu o 13 de xuño de 1971 e está solteiro.
É avogado.
Nas municipais de 2007 xa encabezou a lista do Partido Popular. E voceiro do grupo municipal popular e dende 2009 é tamén deputado autonómico. Preside o comité local do PP dende 2008.
![]() |
![]() |