Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Todo o que ten A Pastoriza é obra de José Yáñez”

A Pastoriza, 26 de febreiro de 2011.- O presidente dos populares lucenses non dubidou en afirmar hoxe durante a presentación do candidato do seu partido a Alcaldía de A Pastoriza que “todas as infraestructuras e os servizos cos que conta este municipio foron obra de José Yánez”.

No acto, no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, entre outros cargos orgánicos e electos desta formación política, José Manuel Barreiro recalcou que “son poucos os candidatos que teñan no seu haber tantos méritos como José Yánez e que poidan, coma el, demostrar con feitos o compromiso co seu pobo e cos seus veciños”. 

O líder dos populares lucenses tamén tivo palabras de recoñecemento para o actual voceiro municipal Arcadio López, quen se encargou de abrir o encontro. “A súa contribución, adicación e traballo foi decisiva no proxecto desenvolvido durante a etapa na que o Partido Popular asumiu a responsabilidade de gobernar”, dixo.

Barreiro tamén explicou que “a penosa situación económica na que se atopa o país por culpa da mala xestión dos socialistas” obriga, “por responsabilidade”, a cambiar o panorama político actual. E ese cambio pasa, segundo dixo, por apartar ós socialistas, “e tamén os nacionalistas porque son caras da mesma moeda”, dos gobernos municipais. “O compromiso de facer máis con menos é xa a marca do Partido Popular que acuñou Núñez Feijoo dende a Xunta de Galicia; agora o que nos corresponde ós demais é extender esa marca á Deputación e a todos os concellos da provincia de Lugo”, aseverou.

José Yáñez García
Naceu o 12 de abril de 1942.
Está casado e ten dous fillos. É empresario.
Xa ocupou a Alcaldía de A Pastoriza entre 1987 e 2007.