Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR LAMENTA A MANIPULACIÓN DO BNG E A SÚA PRETENSIÓN DE MANTER UNHA SITUACIÓN DE DESIGUALDADE PAGANDO UN COMPLEMENTO A UN GRUPO DE 178 MARISCADORAS NO ACTUAL CONTEXTO DE CRISE

Santiago, 22 de febreiro de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular lamenta a manipulación que vén de amosar o Bloque Nacionalista Galego en relación co supresión da axuda extra de 557 euros que viñan recibendo as mariscadoras que deben completar os períodos mínimos de cotización para ter dereito a pensión. Os nacionalistas pedían a través dunha proposición non de lei no Pleno do Parlamento que a Consellería do Mar mantivera unha situación de desigualdade pagando este complemento a un reducido grupo de 178 mariscaodras pese ao actual contexto de crise.

O voceiro de Mar dos populares aclara en todo caso que a Consellería segue a aboar o recibo de cotización á Seguridade Social para poder completar a xubilación deste grupo de mariscadoras que non cotizaron o tempo mínimo e, polo tanto, que tan só se suprime esa paga complementaria de 557 euros.

“Reivindicar o mantemento dunha inxustiza na actual situación económica non é precisamente a mellor forma de defender a ningún colectivo”, afirma o voceiro de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro. Quen recorda que outros colectivos, en similares situacións non reciben esta axuda”.

O GRUPO POPULAR CO SECTOR DO MARISQUEO.- José Manuel Balseiro insistitu en que “está demostrado que foron sempre os gobernos do Partido Popular os que se preocuparon pola profesionalización do sector” e de feito fai referencia á Lei de Pesca do 93 e á petición ao Estado de que non se cualificara ás mariscadoras como “peóns de pesca sen cualificación” como se pretendía facer na Clasificación Nacional de Ocupación aprobada por Real Decreto no Consello de Ministros en novembro de 2010.