Lugo, 21 de febreiro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará mañá ó pleno provincial unha moción na que insta á Deputación a que no prazo de tres meses estableza as fórmulas de colaboración e participación co Padroado provincial de Turismo, recentemente constituido.
Os populares entenden que, dada a repercusión económica que o sector turístico ten na nosa provincia, é convinte que a administración provincial forme tamén parte deste Padroado, que está promovido, ademais de pola iniciativa privada, por numerosos concellos da provincia.
O GPPP tamén formulará varias preguntas, unha referida as recentes manifestación efectuadas polo presidente da institución na que anunciaba que a administración provincial ía asumir a coantía que lle correspondería aboar ó concello de Mondoñedo polas obras realizadas na Ponte do Pasamento. A este respecto os populares queren saber que criterios ten establecidos a Deputación para levar a cabo actuacións semellantes e se José Ramón Gómez Besteiro ten previsto extender esta práctica a outros concellos.
Os populares tamén se interesarán polas nevaradas da pasada semana durante a que moitas estradas de ámbito provincial estiveron intransitables e que pese a elo as cuñas quitaneves propiedade da Deputación permaneceron no parque móbil. Por elo, dende o GPPP queren saber que criterios ten establecidos a Deputación para facer uso das cuñas quitaneves e de quen é a responsabilidade política de ordear a saída das mencionadas quitaneves.