Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Quen antempoña os intereses persoais ós dos veciños ós que representa non ten cabida no PP”

Chantada, a 17 de febreiro de 2011.- O presidente do PPdeLugo foi claro durante a súa intervención no acto de presentación dos candidatos ás vindeiras eleccións municipais na comarca de Chantada: “quen pretenda antempoñer os seus intereses persoais ós dos veciños ós que representa, que non chame á porta do Partido Popular”.

“No PP estase para defender o interese xeral. Que os habitantes de cada un dos concellos da nosa provincia disfruten do maior grao de benestar posible, aínda en tempos de crise como os actuais, ten que ser o principal e único obxectivo do noso traballo. Quen o entenda así, benvido sexa: o PP está e estará aberto a todos aqueles que queiran sumar, aportar ideas e sobre todo traballar polo futuro destas terras”, apuntillou José Manuel Barreiro durante o acto celebrado hoxe en Chantada e no que, entre outros cargos electos e orgánicos da formación política, participaron Alberto Núñez Feijoo e Samuel Juárez. 

A crise económica foi outro dos argumentos esgrimidos polo líder dos populares lucenses no seu discurso. “Son malos tempos para todo e para todos e se dende as administracións é sempre obrigada unha xestión racional e eficaz, nestas circunstacias é perentorio facelo”, dixo. A este respecto asegurou que o “experimento” dos bipartitos puxo de manifesto que, ademáis de ineficaces “porque cada quen adícase ó seu”, resultan moi caros.

“Tedes o exemplo en Chantada, onde nin deron bo resultado os independentes e moito menos as coalicións”, dixo. “Eiquí PSOE e BNG despreocuparonse ata tal punto do Concello e dos seus veciños que por non facer nin sequera foron capaces de reivindicar ou sequera pedir explicacións sobre a paralización das que están a ser obxecto as obras que se comprometeu a facer o Ministerio de Fomento”, especificou.

Para Barreiro a mellor opción, “a única”, segundo recalcou, é a do Partido Popular: “ofrecemos garantía de xestión, de planificación e de coherencia e temos en Núñez Feijoo un bo espello onde mirarnos”.

 

O líder dos populares lucenses, ademais de amosarse confiado na capacidade dos sete candidatos que se presentaban, fixo unha mención especial ó alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, quen non repetirá como candidato nas videiras eleccións municipais. “Eres un bo alcalde, algo que pode constatarse coas melloras dotacionais e de servicios cos que conta o municipio e tamén polos magníficos resultados electorais que acadaches”, dixo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Antas de Ulla
Javier Varela Pérez
Naceu en Antas o 2 de maio de 1964. Está casado e ten unha filla.
É licenciado en Dereito e funcionario.
Fíxose cargo da Alcaldía de Antas en 1998, posto que ocupa dende entón.

 

Carballedo
Julio Yebra-Pimentel Blanco
Naceu en Carballedo o 31 de agosto de 1954. Ten tres fillos e é farmacéutico.
Accedeu a Alcaldía en 1983, posto que ocupa dende entón. Foi senador durante tres lexislaturas. Dende hai dous anos preside o comité local do PP de Carballedo e tamén é membro da executiva provincial. 

Chantada
Ramón Fernández Reinoso
Naceu en Sabadelle (Chantada) hai 34 anos.
Cursou estudios de empresariais e é empresario do sector agrícola.
Aínda que é militante do PP dende hai moitos anos, inicia agora como cabeza de lista a súa andaina política.
 

Monterroso
José Rojo Núñez
Naceu en San Miguel de Penas (Monterroso) o 14 de setembro de 1955 e ten catro fillas.
É capataz agrícola e cursou estudios de Dereito Tributario e Asesoría Fiscal. Foi empregado de banca, actividade da que se prexubilou recentemente.
En 2007 xa encabezou a lista do Partido Popular, sendo na actualidade o voceiro do Grupo municipal popular. Dende 2007 preside o comité local do Partido Popular e en 2009 incorporouse tamén á executiva provincial.

Palas de Rei
Pablo Taboada Camoira
Naceu en Palas o 19 de setembro de 1971. Está solteiro. É diplomado en Empresariais e funcionario.
Aínda que nas vindeiras municipais estrearase como cabeza de lista, xa iniciou a súa andaina política no 2007. En 2008 asumiu a presidencia do comité local de Palas. 

Portomarín
Juan Serrano López
Naceu en Portomarín o 31 de xuño de 1965. Está casado e ten tres fillos. É gandeiro.
Nas municipais de 2007 xa encabezou a lista do Partido Popular.

Taboada
Ramiro Moure Ansoar
Naceu en Taboada o 8 de setembro de 1958. Está solteiro e é funcionario de prisións.
Iniciou a súa actividade política en 1995 como concelleiro e fíxose cargo da Alcaldía en 2009. Nas municipais do vindeiro mes de maio encabezará por primeira vez a candidatura do Partido Popular.