Partido Popular de Lugo

“A nós só nos sirve gañar por maioría absoluta; os demais confórmanse con facer un goberno de coalición”

 

Lugo, a 17 de febreiro de 2011.- “Hoxe presentamos oito candidatos; catro: José Antonio  Ferreiro, Jesús Carreira, Antonio Muiña e José Pardo, son alcaldes experimentados; e os outros catro, Jaime Castiñeira, María Luisa Macía, Francisco Balado e Artemio Carballés estrearanse como tal o vindeiro 22 de maio”. Así de confiado se amosou o presidente do Partido Popular de Lugo durante o acto de presentación dos cabeza de lista de Castro de Rei, O Corgo, Guntín, Friol, Lugo, Outeiro de Rei, Pol e Rábade celebrado esta noite el Lugo e no que, entre outros cargos orgánicos e electos do partido, asistiron Alberto Núñez Feijoo e Samuel Juárez.  

Esa confianza, segundo explicou José Manuel Barreiro, vén avalada pola “garantía” que neste intre supón o Partido Popular. “A xestión que neste últimos anos se fixo en O Corgo, Guntín, Friol e Outeiro de Rei  contrasta coa desenvolvida en Castro de Rei, Pol, Rábade e Lugo; a xestión que se está a facer dende a Xunta marca diferencias coa feita polo bipartito e non digamos coa que está a facer Rodríguez Zapatero: o Partido Popular sabe gobernar e faino con criterio, con eficacia, rigor e responsabilidade e eiquí están bos exemplos que confirman a veracidade do que digo”, asegurou o líder dos populares lucenses.

Para Barreiro “o experimento” dos bipartitos foi “un desastre”: “vimolo na Xunta e estamos a velo cada día na Deputación de Lugo”, dixo. Segundo explicou, cada parte dese matrimonio de conveniencia preocupouse exclusivamente de si mesmo e dos intereses do seu partido, pero nunca do benestar dos veciños ós que representa e ós que ten a obriga de defender.

 

 

 

Como exemplo, fixo mención o “reparto de competencias e tamén de fondos” entre socialistas e nacionalistas na Deputación, que se concretou en que cada un empregara esas competencias e eses fondos en interese, “unica e exclusivamente”, da súa formación política.

E pese a esa “partición de lotes”, o BNG amosase contrario á institución provincial e avoga por abolila. “Pero os seus representantes non renunciaron nin o sueldo, nin o coche oficial nin os seus asesores; e para colmo de desfachatez, ante a posibilidade de perder o sillón, o actual vicepresidente primeiro e agora candidato a Alcaldía de Lugo, os Sr. Antón Bao, quere asegurarse unha silla no Concello de Lugo e, segundo el mesmo dixo, válelle cogobernar cos socialistas”. “Bao xa dá por perdida a batalla e colócase a sombra do árbol caido que é Orozco”, sentenciou.

Castro de Rei
Francisco Balado Teijeiro
Naceu o 29 de maio de 1974. Está solteiro e é avogado.
Asumiu a portavocía do grupo municipal popular en 2007 e estrease nas municipais do vindeiro mes de maio como cabeza de lista.

 

O Corgo
José Antonio Ferreiro González
Naceu en Laxosa (O Corgo) o 2 de abril de 1944. Está casado e ten tres fillos. É industrial xubilado
Comenzou a súa andaina política en 1979 como concelleiro e ocupa a alcaldía dende 1999.

Guntín
Jesús Carreira Ferreiro
Naceu en Guntín o 8 de marzo de 1951. Está casado e ten dous fillos. É empregado de banca.
Iniciou a súa actividade política como cabeza de lista nas municipais de 1991 e dende aquela ocupa a Alcaldía. Dende hai catro anos preside o comité local do Partido Popular.

Friol
Antonio Muiña Pena
Naceu en Friol o 21 de febreiro de 1952. Está casado e ten catro fillos. É médico.
Leva sete lexislaturas como alcalde; é presidente do comité local do PP e forma parta da executiva provincial e rexional.

Lugo
Jaime Castiñeira Broz
Naceu en Sisoi (Cospeito) o 10 de xullo de 1957. Está casado e ten un fillo. É enxeñeiro de edificación e arquitecto técnico. É funcionario do Ministerio de Economía e Facenda, no Catastro, en excedencia
Iniciou a súa andaina política en 1999 como concelleiro en Lugo. Na actualidade é voceiro do Grupo municipal do PP. En 2005 foi elegido deputado autonómico e dende 2009 preside o comité local do Partido Popular. Forma parte tamén da executiva rexional.

Outeiro de Rei
José Pardo Lombao
Naceu en Outeiro de Rei o 15 de xaneiro de 1955. Está casado e ten dous fillos. É gandeiro.
Incorporouse á actividade política en 1983 como concelleiro e dende hai 14 anos ocupa a Alcaldía. Nas municipais do vindeiro mes de maio  encabezará por cuarta vez consecutiva a lista do Partido Popular. Dende hai catro anos preside o comité local.

Pol
Artemio Carballés Fernández
Naceu o 26 de novembro de 1956. Está casado e ten dous fillos. É empresario.
O vindeiro mes de maio estrease como cabeza de lista do Partido Popular, na actualidade é concelleiro en Pol.

Rábade
María Luisa Macía Martínez
Naceu en Rábade o 10 de novembro de 1972. Está solteira. É licenciada en Dereito, especializada en Administración Local, e traballa como procuradora.
Incorporouse á actividade política en 2003 como concelleira en Rábade. Nas municipais de 2007 xa encabezou a candidatura do Partido Popular neste concello. En 2009 asumiu a presidencia do comité local. Ese mesmo ano pasou a formar parte da executiva provincial do PP, onde é coordinadora de Política Social e Igualdade, e é tamén membro da executiva rexional.