Partido Popular de Lugo

Barreiro e Castiñeira aplicarán a austeridade na xestión pública do Concello e da Deputación

Lugo, 16 de febreiro de 2011.- Lugo acolleu esta mañá o acto central do PPdeG en materia económica de cara á completar o programa marco da formación popular para as próximas eleccións municipais do mes de maio. Neste encontro déronse cita preto dunha trintena de empresas, sindicatos así como asociacións veciñais.

Neste contexto tanto o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, como o candidato á alcaldía, Jaime Castiñeira, fixeron fincapé na marca da austeridade que caracterizará a xestión pública que levará a cabo o PP tanto nos concellos como na deputación provincial. 

Control férreo do gasto corrente.- O candidato de Lugo explicou que hai que traballar duro para que Lugo deixe de ser a cidade galega máis endebedada por habitante. Temos que ser capaces de reactivar a economía local para recuperar a confianza e cambiar as estadísticas do paro en Lugo que medrou no último mandato de Orozco nun 73,58%. Castiñeira subliñou que a folla de ruta que perfilamos  a nivel local contempla varias medidas que pasan por: 

– Elaboración dun informe económico sobre a evolución do crecemento do gasto corrente a medio prazo. Hai que ter en conta os custes de mantemento e a repercusión sobre o gasto corrente que van supor ás arcas municipais a apertura de novos edificios. É necesario este informe para que non se desborde o gasto corrente. Neste momento todos os investimentos do concello vai a cargo de créditos.

 

– Plan de optimización de recursos. Neste momento hai locais infrautilizados e se pagan alugueres de forma innecesaria. Tamén é preciso reducir as asistencias técnicas e traballos realizados por outras empresas. Os populares estiman que o Concello podería aforrar cantidades importantes de euros se, en vez de realizar este tipo de actuacións, realizase unha planificación adecuada do persoal municipal. 
 
A baixada do gasto corrente nun 7,3%.- Os populares reclamaron no último debate dos orzamentos  que o capítulo II dos Orzamentos se reduza para que non chegue a ser inasumible, «como todo apunta». A idea é poñerse ao nivel do orzamento do ano 2009, o que suporía unha baixada dun 7,3% neste capítulo de gasto corrente.

A diminución da partida outros gastos diversos en, polo menos, un 20%.

Outro paquete de medidas que axudarán á reactivación económica son:

– A creación dun rexistro municipal de empresas para dar participación a todos os empresarios lucenses nos contratos do concello. Hai que dar máis oportunidades de acceso aos concursos públicos municipais.

– A revisión do Pepri que incentivará a recuperación de inmobles no casco histórico.

– Axilizar  a expedición de licenzas de obra e de actividade. Hai que apostar por unha maior eficacia na tramitación administrativa.

– Evitar a competencia cos viveiros de empresas que xestionan os empresarios.  

– Programas para atraer empresas e fixar as de base tecnolóxica que salgan do campus de Lugo.

Código de boas prácticas.- Pola súa banda, José Manuel Barreiro, asegurou durante a clausura do acto que o Partido Popular defende e aplica o código de boas prácticas na xestión das administracións públicas. Unha boa práctica que é sempre necesaria e obrigada, recalcou, pero que agora, nun contexto de crise económica tan acusada como a que estamos a vivir, resulta imprescindible.

Con esta idea como punto de partida, o presidente dos populares lucenses aseverou que, en consecuencia, o Partido Popular avoga pola austeridade, pola prudencia no gasto comprometido e polo compromiso de aboar as facturas en tempo e forma. O resumo, dixo, “é que non se pode gastar o que non se ten e que hai que ser estrictos coas débedas que se asumen. Hai que aplicar nas administracións o que cada quen fai na súa casa.

Neste senso José Manuel Barreiro reiterou que a economía, fundamentalmente a contención do gasto, será un dos elementos centrais do programa electoral do Partido Popular para as vindeiras eleccións municipais como non podería ser doutro xeito dadas as circunstancias e como o está a ser xa nos gobernos que dirixe o Partido Popular. Aí está o exemplo da Xunta de Galicia, dixo.

 

Barreiro recalcou que o Partido Popular recortará todo o posible os gastos non productivos, tanto nos concellos como na deputación, e que non redunde en beneficio directo dos cidadáns. De tal xeito que permita adicar eses recursos as actividades productivas que redunden na mellora da calidade de vida dos veciños, explicou.
 
Cando os cidadáns están a pagar os efectos da crise en todos ós ámbitos, xa sexa vía impostos, reducción de salarios, pensións ou mesmo en prestacións sociais, as administracións tamén teñen que reducir á mínima expresión os seus gastos: limitar as adicacións exclusivas, rebaixar os salarios dos políticos, reducir o personal de confianza, os coches oficiais…”, engadiu. 

Dende a provincia de Lugo, segundo explicou, tamén temos que pelexar e contribuir co noso grao de area para que Galicia dispoña dun sistema financiero propio e forte, sensible coas nosas  necesidades e comprometido cos nosos sectores productivos. Temos que defender dende todas as institucións o establecemento dun marco único e duradeiro que poña fin á inseguridade xurídica que están a provocar no propio sistema financieiro os constantes cambios de criterio e de normativa a aplicar, engadiu.

Neso estamos a traballar no Partido Popular, eso estamos a facer e eso seguiremos facendo en todas e cada unha das institucións nas que teñemos o mandato de gobernar a partir do vindeiro 22 de maio, concluiu. 

Por último tanto o coordinador como a secretaria que coordinan o programa das municipais destacaron o especial interese e sensibilidade do Partido Popular lucense con respecto á economía. Hoxe estamos aquí para coñecer, en primeira persoa, aquelas cuestións ligadas á reactivación da economía. Queremos saber o voso punto de vista e analizar as medidas que considerades oportunas tanto para incorporar ao programa marco como ao do noso candidato á alcaldía de Lugo.