Santiago, 15 de febreiro de 2011.- Tal e como adiantou o pasado mes de setembro o deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, o Instituto Galego de Vivenda e Solo requiriu á empresa construtora dos vinte pisos sociais do núcleo viveirense de Celeiro á corrección das deficiencia detectadas, toda vez que puido comprobarse que se trataban de desperfectos de construcción.
EXECUCIÓN SUBSIDIARIA.- Con todo, unha vez comprobado que durante todo este tempo non teñen iniciado as obras de arranxo destes desperfectos, que seguen a condicionar a vida normal dos residentes nestes edificios, o instituto autonómico vai dirixir un ultimatum á empresa construtora e, de non iniciarse de inmediato as reparacións, acordará a execución directa por parte da Xunta de Galicia destes traballos, o que suporía a perda do aval depositado pola construtora que no seu momento executou estes edificios.
Estas foron as decisións coñecidas tras unha nova reunión mantida entre o deputado popular Jose Manuel Balseiro e o director xeral do IGVS, Jose Boné Pina, na que o primeiro quixo interesarse polas xestións desenvolvidas ata o momento tras constatar que as queixas dos residentes nestas viviendas continuaban.
O parlamentario mariñán insititu en que, co transcurso do tempo, as deficiencias como humidades e goterias están a empeorar, polo que esixen actuacións urxentes de corrección. Sinalou ademais que a empresa constutora dispuxo dun prazo máis que prudencial para efectuar estos arranxos e deu mostras evidentes de non ter intención de facelo, polo que considereou especialmente acertado, que o IGVS proceda á execución subsidiaria destes traballos e requira despois –polo procedemento que corresponda- as responsabilidades e pagos oportunos á empresa incumpridora.
Balseiro tamén indicou que tras as primeiras reunión mantida o pasado ano, o IGVS efectuou as obras no exterior dos edificios, reparando os defectos que son da súa estrita competencia, e que agora tamén está disposto a facelo, despois de observar que a empresa construtora non foi quen de cumprir coa súa parte.