Partido Popular de Lugo

O PPdeLugo confirmou a María Luisa Macía como cabeza de lista en Rábade

Lugo, a 12 de febreiro de 2010.- María Luisa Macía Martínez voltará a liderar a candidatura do Partido Popular en Rábade para as vindeiras eleccións do maio. A dirección provincial confirmouna hoxe como cabeza de lista. 

O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro valorou de Macía a súa entrega e capacidade de traballo, a súa tenacidade e a súa preocupación polo futuro do seu concello. Condicións que, segundo dixo, deben ser consustanciais a aquelas persoa que aspiran a ocupar a Alcaldía e que, polo tanto, están dispostos a concentrar todo o seu esforzo en conquerir o maior grao de benestar para os veciños ós que representan. 

Por elo, e “pola súa ilusión e sobre todo polo excelente balanzo que se pode facer do seu traballo ata o momento, sempre responsable, serio e riguroso, estou convencido de que recibirá o respaldo maioritario dos seus conveciños e que en maio será alcaldesa”.

María Luisa Macía Martínez

Naceu en Rábade o 10 de novembro de 1972. Está solteira.
É licenciada en Dereito, especializada en Administración Local, e traballa como procuradora.
En 2009 asumiu a presidencia do comité local. Ese mesmo ano pasou a formar parte da executiva provincial do PP, onde é coordinadora de Política Social e Igualdade, e tamén á executiva rexional.
Incorporouse á actividade política en 2003 como concelleira en Rábade. Nas municipais de 2007 xa encabezou a candidatura do Partido Popular neste concello.