A Fonsagrada, 11 de febreiro de 2011.- A nova Lei de Augas non inclúe a imposición de tributos novos, non obriga a poñer novos contadores e os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedan exentos de pagar o canon da auga, que será o segundo máis barato de todo o Estado. Deste xeito “desmostou as mentiras que socialistas e nacionalistas están contando” a deputada autonómica Isabel García que a última hora da tarde de onte reunironse con veciños da parroquia de Carballido en A Fonsagrada. Encontro no que estivo acompañada polo voceiro local e candidato á Alcaldía Tobías Martínez .
Os populares especificaron ademáis que “na práctica” tampouco terán que aboar o canon da auga os usuarios de captacións propias ou comunais como “malintencionadamente” están tamén a asegurar, segundo salientaron, socialistas e nacionalistas.
Os representantes populares insistiron ademais en que a partir de agora non se vai pagar máis pola auga. Explicaron a este respecto que a única deferencia é que se vai a aplicar unha tarificación diferente en función do consumo.
Salientaron asimesmo que a nova lei vén imposta pola Unión Europea, a Directiva Marco da Auga, e que polo tanto é de obrigado cumprimento.
Durante o encontro os veciños aproveitaron para demandar algunhas actuacións para a súa parroquia, concretamente a mellora do suministro eléctrico e a dotación dunha rede de saneamento. Peticións que os representanes do PP se comprometeron a trasladar ás autoridades competentes.