Pantón, a 11 febreiro de 2011.- O Partido Popular de Pantón confirmou a José Luís Álvarez como cabeza de lista da candidatura popular nas vindeiras eleccións municipais.
José Manuel Barreiro amosouse confiado en que Álvarez Blanco voltará en maio a revalidar a súa maioría absoluta pero insistiu en que “non hai que dar nada por seguro” polo que instou “a todos” a transmitir “porta por porta” o proxecto do Partido Popular. De feito, advertiu da pretensión das demais forzas políticas de “coaligarse para evitar que o PP goberne”. “Esa é a estratexia de socialistas e nacionalistas polo que non debemos baixar a garda”, apuntillou.
José Luís Álvarez Blanco
Naceu o 26 de novembro de 1949. Está casado e ten dúas fillas.
É xubilado de banca.
Foi tenente de alcalde entre 2003 e 2007. No 2007 xa encabezou a candidatura do Partido Popular, ocupando a Alcaldía de Pantón dende entón.