Lugo, a 10 de febreiro de 2011.- Máis de medio millar de afiliados do Partido Popular de Lugo asistirán esta fin de semana á convención que a formación política celebrará en Santiago baixo o lema Vente!, que inaugurará María Dolores de Cospedal e clausurará Mariano Rajoy.
A delegación lucense estará encabezada polo presidente provincial José Manuel Barreiro, quen precisamente se encargará de moderar o primeiro dos catro encontros con dirixentes que se desenvolverán durante a xornada inaugural e nos que, entre outros, tamén participará o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.
“Motivos para confíar no Partido Popular” será o asunto sobre o que versará este primeiro encontro, que se iniciará sobre ás 11:30 horas, e no que intervirán como ponentes a secretaria xeral María Dolores de Cospedal e os candidatos ás alcaldías de Vigo e A Coruña, Corina Porro e Carlos Negreira respectivamente.
Noutro destes encontros, previsto para as 18 horas, que, moderado polo presidente provincial de Ourense José Manuel Baltar, tratará sobre “Política 2.0: oportunidades e igualdade a través das novas tecnoloxías”, intervirá como ponente o candidato á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira, xunto co tamén cabeza de lista en Ferrol José Manuel Rey; Mercedes de la Merced, presidenta de Mulleres en Igualdade e Javier Dorado, presidente de NNXX Galicia.
José Manuel Barreiro, Jaime Castiñeira e os candidados de Monforte e Foz, Julia Rodríguez e Javier Jorge Castiñeira respectivamente, tamén participarán nos encontros dixitais, que xunto coas aulas de formación, coas que se pretenden mellorar os coñecementos e o perfil político dos representantes populares e nos que se analizarán as técnicas de negociación e debate, as campañas e preparación de candidatos e as novas técnicas de comunicación política, conforman os tres ámbitos sobre os que se incidirá nesta convención coa que o PP se porá a punto para a vindeira campaña electoral.
Así, o sábado, a partir das 11:15 horas, Jose Manuel Barreiro, Jaime Castiñeira e Julia Rodríguez respostarán ás preguntas que queiran formularlle os internautas neste espazo denominado Cyberpopulares, no que, entre outros, tamén participarán María Dolores de Cospedal e o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda. O cabeza de lista de Foz, Javier Jorge, farao a partir das 17 horas, xunto con outros alcaldables de diversos concellos de Galicia.