Castro de Rei, a 8 de febreiro de 2011.- José Manuel Barreiro presentou, seguindo a recomendación feita pola xunta local, a Francisco Balado Teijeiro como cabeza de lista da candidatura coa que os populares concurrirán ás vindeiras eleccións municipais en Castro de Rei. Fixoo a última hora de onte no trancurso dun acto no que participaron, entre outros, o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro e o ex alcalde Arturo Pereiro.
Barreiro indicou que o Partido Popular é a única forza política “con capacidade e con proxecto” para “reencauzar a política municipal e para asegurar un futuro próspero para este municipio e para os seus veciños”. Así, segundo explicou, “é incuestionable que durante esta lexislatura Castro de Rei perdeu capacidade de liderazgo por culpa do matrimonio “a tres bandas” creado co único fin de evitar que o Partido Popular continuara na Alcaldía” e sen esquecer, dixo, “aínda que antepoñendo a presunción de inocencia, que o alcalde socialista está imputado”.
Para evitar que se repita esta “mala situación, o PP ten que gañar con maioría absoluta”, asegurou. E neste contexto expresou a súa confianza en que Francisco Balado “co consello inestimable e imprescindible de Arturo Pereiro” acadará este obxectivo. “Balado deu xa mostras da súa capacidade e do seu bo facer durante este anos como voceiro do grupo municipal, agora, co apoio e o traballo de todos temos que lograr que o 22 de maio sexa alcalde”, apuntillou.
Francisco Balado Teijeiro
Naceu o 29 de maio de 1974. Está solteiro e é avogado.
Asumiu a portavocía do grupo municipal popular en 2007 e estrease nas municipais do vindeiro mes de maio como cabeza de lista.