Partido Popular de Lugo

O Partido Popular de Riotorto xa pechou a lista electoral coa que concurrirá ás municiapis

 

Riotorto, 5 de febreiro de 2011.- O Partido Popular de Riotorto celebrou esta noite unha cea con afiliados e simpatizantes na que o candidato á Alcaldía, Clemente Iglesias González, fixo pública a lista coa que concurrirá ás eleccións do vindeiro mes de maio.

Así, ademais de Iglesias González, a candidatura popular está integrada por  José Luis Lourido López, Manuel Rivas Bouza, Silvia Díaz Mourelle, José García Castrillón, Moisés Salgado Pol, José López Cabodevila, Manuel Pol Veiga e Antonio García González.

María José Portela Cancio, Jesús Fernández Fernández e Amparo Barreira Díaz irán de suplentes.

En verbas de Clemente Iglesias “é unha lista renovada case na súa totalidade, somos xente nova con ideas novas e a partir de agora vai a producirse un antes e un despois na forma de facer as cousas no concello de Riotorto”.

Ó encontro, entre outros cargos institucionais e orgánicos do partido, asistiu o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro.