Lugo, a 5 de febreiro de 2011.- A dirección provincial do Partido Popular decidiu designar a José Yáñez García como cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais no concello de A Pastoriza.
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro considera que Yáñez García demostrou sobradamente a súa capacidade para liderar a corporación durante a súa etapa como alcalde, polo que mostrouse convencido de que, tras a cita electoral do vindeiro 22 de maio, o Partido Popular recuperará a Acaldía.
En próximas datas, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo acudirá a este municipio para participar nun acto público de presentación do candidato.
José Yáñez García
Naceu o 12 de abril de 1942.
Está casado e ten dous fillos. É empresario.
Xa ocupou a Alcaldía de A Pastoriza entre 1987 e 2007.