Partido Popular de Lugo

O GPPP tachan de desprecio ós veciños a visita oficiosa realizada hoxe por Besteiro a Palas de Rei

Lugo, a 28 de xaneiro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular lameta que o presidente da Deputación de Lugo voltara a confundir hoxe en Palas de Rei o seu papel como respresentante dunha institución e de un partido político.

Os populares reprocháronlle a José Ramón Gómez Besteiro que acudira a visitar o inicio dunha obra neste municipio “en calidade de máximo responsable da institución provincial” sen comunicarllo ás autoridades locais. Unha actitude que, salientan os populares, “estase a converter en norma” e que denota, ademais dunha falta de respeto entre institucións inaceptable, un desprecio ós veciños ós que representan.

Dende o GPPP puntualizan ademais que os traballos de reparación iniciados hoxe na estrada provincial Filgueira-Palas constituiran unha das demandas formuladas polo alcalde de Palas ó presidente da Deputación durante a súa “última visita institucional oficial a este municipio hai dous anos”. 

Os populares recalcan que a conservación e mantemento da rede viaria provincia e competencia da Deputación, unha competencia que, segundo puntualizan, está totalmente desatendida no conxunto da provincia pero de xeito explícito neste municipio, dado que é constatable o lamentable estado que presentan todas as estradas de titularidade provincial e a tardanza coa que se atenden os requerimentos realizados dende o Concello.

Por elo, dende o GPPP instan a Gómez Besteiro a cumprir coas súas obrigacións e a absterse de tentar vender como favor partidista o que as súas competencias como presidente da Deputación  lle obrigan.