Lugo, a 25 de xaneiro de 2011.- A dirección provincial do Partido Popular, tras consultar co comité local da formación política en A Pobra do Brollón, designou hoxe a David López Goyanes como cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais neste concello.
![]() |
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro considera que López Goyanes é o candidato idóneo e, “o máis importante”, o alcalde que A Pobra do Brollón necesita, polo que amosouse convencido de que, tras a cita electoral do vindeiro 22 de maio, o Partido Popular recuperará a Acaldía.
David López Goyanes
Naceu na Pobra do Brollón o 31 de maio de 1958.
É ferroviario. Está separado e ten dous fillos.
Ocupou a Alcaldía neste municipio entre 2004 e 2007. Nas vindeiras eleccións municipais estrearase como cabeza de lista do Partido Popular.