Partido Popular de Lugo

Barreiro convida a Bao a que concurra ás municipais nunha lista conxunta con Orozco

Lugo, a 23 de xaneiro de 2011.- O presidente provincial do Partido Popular de Lugo apremiou ó candidato do BNG no concello de Lugo Antón Bao a conformar unha lista conxunta co PSOE e solventar xunto con López Orozco quén dos dous encabezará a candidatura nas próximas eleccións mancipais.

Na opinión de José Manuel Barreiro, se a aspiración de Bao é cogobernar con Orozco, ambos partidos políticos, ademais de concurrir ós comicios nunha candidatura única consecuente co seu pacto preelectoral, deberían establecer un programa electoral conxunto, para que deste xeito a cidadanía poida coñecer o proxecto político que o bipartito resultante pretende levar a cabo en Lugo.

Entende o líder dos  populares lucenses que si o obxectivo de nacionalistas e socialistas é única e exclusivamente asegurarse o goberno de Lugo e non a defensa dos intereses dos seus veciños, deberían “por coherencia” trasladar “formalmente” a súa intención as súas respectivas militancias.

Barreiro tamén lamentou que durante o acto celebrado onte polo BNG Antón Bao avogara pola formación de bipartitos e presentara incluso o actual goberno da Deputación coma un modelo a seguir. “Esa claro que Bao aposta polos gobernos que coa súa política de despilfarro están a hipotecar o futuro de Lugo“, asegurou. Neste senso salientou que o bipartido provincial  multiplicou por dez a débeda da Deputación e converteuse no goberno máis caro de toda a historia da institución posto que os seus integrantes cobran 638.000 euros ó ano, case o mesmo que o Goberno que encabeza Feijoo “coa significativa diferencia de que a Xunta manexará este ano un orzamento de preto de 10.000 millóns de euros e a Deputación de Lugo de pouco máis de 92 millóns“, puntualizou.

O proceder e a mensaxe transmitida onte por Bao pon de manifesto, na opinión de Barreiro, que ós representantes do BNG só lles preocupa manterse no sillón e “se é coa mellor retribución posible, mellor”; e, con tal de  acadar ese obxectivo, non dubidan en aliarse con Orozco pese a que non haxa dúbida de que o seu proxecto está totalmente esgotado“. 

“Antón Bao ten dúbidas sobre a súa permanencia na Deputación, na que non renuncia a cobra un salario de 60.000 euros ó ano pese a que é partidario da eliminación das institucións provincias; e por elo tenta asegurarse agora un sillón no concello de Lugo. Está claro, ante incoherencias de esta magnitude, que o único que lle interesa é acadar o maior beneficio personal e, por aseguralo, está disposto a facer o que sexa necesario”, explicou.

Para Barreiro, a tenor do discurso do cabeza de lista do BNG, non hai dúbida de que a mellor opción para Lugo, “dado que asegura solvencia e futuro”, é a que representa Jaime Castiñeira e o Partido Popular “porque BNG e PSOE xa se senten perdedores” e “non podemos permitir”, apuntillou, “que os que perden as eleccións acaben sendo os que  gobernan“.