Partido Popular de Lugo

O GPPP asegura que a intranet da administración electrónica non funciona

Lugo, a 20 de xaneiro de 2011.- “O salto cualitativo e cuantitativo do que falaba hai uns días José Ramón Gómez Besteiro para referirse á posta en marcha da administración electrónica na Deputación converteuse en realidade nun tropezón”. Así o asegurou o voceiro adxunto dos populares José María González Barcia, quen indicou que “unha semana despois da hipotética posta en funcionamento deste servizo on line resulta que aínda non está operativa porque a intranet da que deberían valerse os traballadores dos concellos e da propia Deputación para poder empregar esta ferramenta non funciona”.

Para Barcia, “o salto previsto converteuse en resbalón, ou o que o mesmo, os anuncios de Besteiro, como acontece con demasiada frecuencia, quedanse niso, en meros anuncios, neste caso, virtuais”.

A implantación da e-administración a través do programa Innova-TE, ó que se adicaron nove millóns de euros, por tanto, ademais de chegar tarde, posto que debería estar operativo xa a principios do pasado ano, cando chega, non funciona e hai, por tanto, que continuar a empregar os métodos tradicionais para realizar as xestións pertinentes ante a administración provincial.

Os concellos seguen a comunicarse coa Deputación polos métodos habituais, esto é corre tradicional, electrónico e teléfono porque a clave facilitada ós funcionarios o pasado día 5 para que accedan ó portal que debería terse habilitado a través do Innova-TE está inactivo. Barcia aconsella por elo a Besteiro que antes de anunciar nada “e colocar vallas publicitarias”, se cerciore  de que está en disposición de poder cumplilo.