Partido Popular de Lugo

A XUNTA CONCEDE PRETO DE 85.000€ EN AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS DA MARIÑA PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

A Mariña 18 de xaneiro de 2010.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro explicou que a Xunta concedeu preto de 85.000 euros en axudas a varias comunidades de propietarios da Mariña lucense para a reparación, rehabilitación e adaptación de edificios e vivendas de protección oficial.

O parlamentario popular quixo salientar o significativo apoio do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo cos esforzos que están a levar a cabo estas comunidades de propietarios, para mellorar o contorno no que viven e para adecuar e adaptar os edificios ás necesidades de accesibilidade que o  transcurso do tempo e o cambio das disintas normativas de servizo provocou.

COVAS, BURELA E ALFOZ.- A relación de beneficiarios inclúe comunidades de propietarios de edificios promovidos no seu día polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na nosa comarca como son os de Covas (Viveiro), rúa do Rio en Burela e no concello de  Alfoz, que previamente solicitaron acollerse a estas axudas. Na maioría dos casos as achegas da Xunta pretenden colaborar cos gastos de substitución do ascensor, modificación dos contadores de auga, saneamento e pintado de escaleiras.

RELACIÓN DE BENEFICIARIOS

 

O Pedregal
Edificio nº12
Covas Viveiro

 

Substitución ascensor

 

11.688,65 €

 

Substitución contadores de auga

 

 

533,10 €.

O Pedregal
Edificio nº 4
Covas Viveiro

 

 

 

 

Substitución ascensor

 

11.507,64 €

 

Contadores  de auga e pintado de escaleiras

 

 

2.190,86 €

O Pedregal
Edificio nº6
Covas Viveiro

 

 

Substitución do ascensor

 

11.682,42 €

O Rio
Edificio nº8
Burela

 

 

Substituír ascensor

 

21.851,50 €

Pardo de Cela
Bloque A-D
Alfoz

 

 

Instalación ascensor

 

24.660.09

 

 

 

TOTAL

 

 

84.114,26 €