Partido Popular de Lugo

OS CONCELLOS PODERÁN CONTRATAR OS GRUMIR EN APROXIMADAMENTE 15 DÍAS DESDE QUE REXISTREN A SÚA SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

A Mariña 17 de xaneiro de 2010.- Jose Manuel Balseiro adiantou que coa publicación hoxe da convocatoria dos programas de cooperación cos concellos a nosa comarca disporá de -como mínimo- 60 efectivos do GRUMIR e de 32 novos traballadores de servizos de interese xeral que desenvolverán o seu traballo en postos moi diversos subvencionados ao 100% pola Xunta de Galicia.

GRUPOS MUNICIPAIS DE INTERVENCIÓN RÁPIDA.- No caso dos GRUMIR a súa contratación durante un período que pode ser de entre 6 e 9 meses cobran especial importancia na Mariña xa que será  o persoal técnico encargado dos servizos de protección civil, protección do ambiente, prevención e extinción de incendios e, en xeral, a aquelas dirixidas a salvagarda das persoas, dos seus bens e do patrimonio público.

Desde o 31 de decembro os GRUMIR so contaban co persoal estable e voluntariado (entre 1 e 3 capataces, que agora sumarán ata 12 persoas máis contratadas segundo a distribución habitual por concellos).

Balseiro explicou que este ano a Xunta axilizou de xeito salientable a publicación da orde polo que a administración autonómica permitirá facer estas contratación cun mes e medio de antelación co respecto ao ano anterior. De feito unha das novidades máis salientables é que o novo Goberno consolida a posibilidade posta en  marcha o ano pasado polo Goberno  popular, para que os concellos que presentasen as correspondentes solicitudes realicen contratacións anticipadas antes das futuras resolucións de concesión, e previa autorización da Xunta co obxecto de garantirlles a atención urxente das obras  e servizos que vaia a realizar.

“Si en 2010 a orde saíu publicada o 11 de marzo e as contratación tiveron lugar aproximadamente sobre 16 días despois, este ano a orde publicouse hoxe día 17 e en aproximadamente 15 días poderán facer as contratacións deste persoal, unha vez reciban a autorización da Xunta.” – explicou Balseiro.

Ademais no 2011 os programas de cooperación, tal e como adiantou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, dispoñen de case un 20% máis de orzamento que en 2010 xa que superará os 114 millóns de euros

AXUDA MÍNIMA EN FUNCIÓN DA POBOACIÓN.- Outra novidade é que este ano establécese unha axuda mínima seguindo o criterio obxectivo de poboación. A nova orde establece tramos en función do número de habitantes do municipio/contía equivalente, que é o persoal que como mínimo (sen contar os GRUMIR) recibirán en cada concello se as solicitudes son correctas.

* Ata 1.000 habitantes: 1 contratación.
* De 1.001 a 2.000 habitantes: 2 contratacións.
* De 2.001 a 5.000 habitantes: 3 contratacións.
* De 5.001 a 20.000 habitantes: 4 contratacións.
* Máis de 20.000 habitantes: 5 contratacións
 
A axuda pode chegar ata os 500.000 de euros e cubrirá en todo caso os custes salarias totais da persoa contratada, incluída a seguridade social, en función do convenio colectivo municipal que se lle  aplique.

Terán preferencia traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. A duración dos contratos: Pode chegar ata os 12 meses, polo tanto superior a establecida en convocatorias anteriores polo bipartito.

A IMPORTANCIA DOS CONCELLOS.- A través desta programa a Xunta quere recoñecer a importancia dos municipios e darlles o peso que lles corresponde no reparto do gasto público, tendo sempre presente que son os que máis preto están dos cidadáns. Pola contra Balseiro considera que é un notable erro que os concellos paguen os problemas de solvencia de España, tal e como fixo o Goberno central ao reclamarlle aos municipios unha débeda de 108 millóns de euros por 2008 e como veu de facer por 2009 ao reclamar 322 millóns de euros.

“A pesar das dificultades a Xunta é solidaria coa situación de asfixia económica que están a vivir os concellos debido a dúas razóns: a propia crise económica e as contraditorias políticas do Goberno central.E neste tipo de plan demostran o seu compromiso municipal”- explicou Balseiro. 

MELLORA DA EMPREGABILIDADE.- O plan de cooperación cos concellos é unha política activa de emprego coa que a Xunta que te unha dobre perspectiva por un lado quere servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen nestes e de dinamización e, por outra banda, quere servir para a xeración de novas actividades no medio local e rural.