Lugo, a 17 de xaneiro de 2011.- O Partido Popular considera que na súa visita a Taboada o secretario de organización do PSOE e ministro de Fomento desaproveitou a ocasión para explicar qué vai facer coa autovía Lugo-Ourense, “fundamental para a comunicación dos concellos da comarca de Chantada pero tamén para o resto da provincia”.
Os populares consideran “chamativo” que José Blanco prometera a construcción do acceso sur a Taboada pero “esquecera” falar da autovía Lugo-Ourense “entre outras obras que o seu ministerio aínda ten pendentes de execución”.
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro lembrou a “reprogramación” da que foi obxecto a A-56: en principio José Blanco dixo que só ía rescindir dous tramos, concretamente San Martiño-Barrela Norte e San Martiño enlace Barrela Norte, pero ó final resultou que rescindiuna na súa totalidade. “Qué significa agora o seu mutismo sobre esta obra, que non ten previsto facela, que non ten intención de cumplir a seus compromisos a este respecto?”, pregúntase o senador lucense.
E ésta, segundo salientou, non é o “único incumprimento, pese a reiteración das súas promesas, do Sr Blanco co sur da provincia de Lugo” apuntou Barreiro. Así, A-76, Ponferrada-Monforte, aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución. “Para este ano, de feito, ten consignado un orzamento de 115.000 euros”, apuntillou.
“Os monfortinos aínda teñen moi presentes as promesas que facía José Blanco, antes incluso de ser ministro, sobre esta estrada. É, de feito, un dos seus temas estrela en todos os actos nos que participa nesa cidade e arredores dende 2004, cando xa dixo que as obras ían comenzar de xeito inminente, pero a realidade é outro ben distinta”.
En parecida situación atópase a A-72, Monforte de Lemos-Chantada, que tería que estar xa operativa, pero da que aínda non hai “nada de nada”, recalcou.
Barreiro anunciou que preguntará no Senado ó ministro de Fomento por las “previsións” que ten para a construcción destas tres autovías, poñendo especial énfase nos seus plazos de execución.
De calquera xeito, o senador popular convidou a Blanco a que “deixe de prometer e dunha vez por todas pase á política dos feitos e a concretar, vía Boletín Oficial do Estado, o que realmente vai facer en Lugo, se é que ten previsto facer algo”.