Vilalba, 13 de xaneiro de 2011.- O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro fixo hoxe público durante un encontro desenvolvido en Vilalba, no que tamén participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, entre outros cargos orgánicos do partido, a proposta da dirección provincial sobre os cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais na comarca da Terra Chá. Barreiro principiou a súa alocución facendo un chamamento á militancia para que o vindeiro mes de maio “o Partido Popular arrase”. “Estou seguro de que os alcaldes de Abadín, Cospeito, Muras, Vilalba e Xermade manteranse na Alcaldía. O traballo que levan facendo nos seus respectivos concellos é o mellor e máis seguro aval para elo. Pero desta volta temos tamén que sumar ó grupo os tres municipios que nos faltan: Begonte, Guitiriz e Meira”, dixo. “E eso que o Partido Popular erexiuse nas municipais de 2007 como a forza maioritaria nestes municipios, agás en Guitiriz”, puntualizou.
“Temos os mellores candidatos, temos un bo proxecto e temosvos a vos, a mellor militancia posible, así que o que resta agora é traballar, traballar e traballar”, engadiu.
Dentro dese “traballo conxunto”, para o líder dos populares lucenses hai unha actuación “clave”, que non é outra que a de “explicar, porta por porta, as diferencias sustancias existentes entre nós e o resto das forzas políticas”. Segundo Barreiro o exercizo é moi doado, “basta con preguntarse qué fixo o goberno de Zapatero ou o bipartito de Touriño pola Terra Chá: nada de nada”. “Tan pouco fixeron”, engadiu, “que Touriño, durante os seus catro anos de goberno, nin sequera encontrou tempo para poñer o pé nalgún dos concellos desta comarca”.
“Feijoo non leva nin dous anos e, por poñer un exemplo do concello no que estamos, a gardería xa está funcionando e deuselle unha boa volta ás pistas do rural; mesmo xa inaugurou a autovía Vilalba-Ferrol e dende logo, no que atinxe á dependencia, deuse un paso de xigante. De tal xeito que se o 1 de marzo de 2009 nesta comarca da Terra Chá estaban atendidos 380 dependentes dos 2.128 recoñecidos; hoxe, dos 3.464 dependientes contabilizados e pese ós recortes ós que obriga a crise económica, 1.393 están a ser atendidos”, explicou.
“O compromiso e facer máis con menos é a marca da casa do Partido Popular; e esa marca é a que temos que trasladar de eiquí a maio a todos e cada un dos veciños desta comarca”, concluiu.
Abadín
José María López Rancaño
Naceu o 17 de xullo de 1951. Está casado e ten unha filla. É Empresario.
Ocupa a alcaldía de Abadín dende 1987.
Begonte
José Ulla Rocha
Naceu o 12 de xuño de 1970. Está casado e ten un fillo. É veterinario.
Foi Tenente Alcalde na lexislatura 2003-2007 e xa encabezou a lista do PP nas municipais de 2007.
Cospeito
Armando Castosa Alvariño
Naceu en Goá (Cospeito) o 22 de novembro de 1963. Está casado e ten un fillo.
É funcionario da administración local en excedencia.
Ocupa a alcaldía dende 1991.
Guitiriz
Xosé María Teixido Núñez
Naceu o 1 de novembro de 1960. Está casado e ten dúas fillas. É empresario.
Inicia agora como cabeza de lista a súa andaina política, aínda é militante do PP dende 1994.
Meira
Ramiro Pérez Freijo
Naceu o 8 de xuño de 1962. Está casado e ten dous fillos. É diplomado en Enfermería.
É concelleiro polo PP dende 2003. Na lexislatura 2003-2007 foi Tenente de Alcalde. Nas vindeiras municipais estrearase como cabeza de lista.
Muras
Issam Alnagm Azzam
Naceu o 25 de xullo de 1948. Está casado e ten cinco fillos. É médico.
Ocupa a Alcaldía dende 1991.
Vilalba
Gerardo Criado Guizan
Naceu o 4 de decembro de 1956. Está casado e ten dous fillos. É veterinario.
El concelleiro polo PP dende 1995. E ocupa a Alcaldía dende hai seis anos. Xa foi cabeza de lista nas municipais de 2007.
Xermade
Tomás Rodríguez Arias
Naceu en Vigo o 26/10/1952. É empresario, está casado e ten tres fillos.
Iniciouse na actividade política nas municipais de 2003 como cabeza de lista do PP, ocupando dende entón a Alcaldía.