Partido Popular de Lugo

O PP MOBILIZARÁ AOS CONCELLOS DA MARIÑA EN CONTRA DA SUBA DA LUZ

A Mariña, 11 de xaneiro de 2010.-  O Partido Popular da Mariña mobilizarase en contra da subida da luz e rexistrará mocións municipais en todos os concellos da nosa comarca para que os seus respectivos Plenos rexeiten esta medida unilateral adoptada polo Goberno socialista central. Os populares, segundo explicou o seu secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, tamén reclamarán que Zapatero rectifique e ordene a conxelación deste recibo durante todo o ano 2011.

Segundo Balseiro o novo ano non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas da nosa comarca, todo iso, como consecuencia da nefasta política económica do presidente Zapatero que esmaga aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas, nun 10% e un 4% respectivamente. 

UN 40% MÁIS CARA DESDE 2006.- O secretario xeral popular indicou que desde que goberna o Partido Socialista, a luz non parou de subir, así dende o ano 2006 o recibo da luz subiu mais dun 40%, mentres que cando gobernou o Partido Popular entre 1996 e 2004 o recibo da luz baixou un 14,2%, moi por riba da media da UE.

UN NOVO CASTIGO DO PSOE QUE SUMA E SEGUE.- As veciñas e veciños da Mariña non se merecen este novo castigo do Goberno socialista central que se engade á baixada dos salarios, á conxelación das pensións, á subida de impostos, ao incremento do prezo da gasolina e do gasóleo e a supresión dos incentivos fiscais á compra de vivenda, do cheque bebé e da axuda de 426 euros ós desempregados de longa duración.

MÁIS DIFÍCIL QUE NUNCA.- As erradas decisións dos socialistas fan esta costa da xaneiro máis longa e difícil que nunca e, polo tanto, é necesario que os distintos concellos asuman o seu papel de administración máis próxima ao cidadán e se sumen á reivindicación que esixe unha rectificación do Goberno de Zapatero.

PACTO ENERXÉTICO.- Os populares da nosa comarca valoran esta subida como grave prexuízo á capacidade adquisitiva de fogares, autónomos, empresas e PEMES, e por iso consideramos que é necesario un gran pacto en política enerxética que aporte estabilidade a un dos factores de competitividade máis importantes para a nosa economía, como é a do custe da enerxía.