Lugo, a 28 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Lugo designou a Luis Fernández Guitián para liderar a candidatura coa que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais en Sober.
A decisión adoptouse onte durante unha xuntanza celebrada en Sober e na que participaron, entre outros, o presidente e o secretario provincial do partido, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente, e a presidenta e ex alcaldesa da localidade Raquel Arias e o secretario do comité local e actual rexidor José Gómez.
O presidente provincial amosouse convencido de que con Fernández Guitián o Partido Popular revalidará os excelentes resultados acadados en Sober e que están a permitir á formación gobernar con maioría absoluta lexislatura tras lexislatura. Neste senso Barreiro salientou o papel determinante que na consecución deste obxectivo “tivo, ten e seguirá a ter” José Gómez, ó que non dubidou en calificar como “o motor vital e inagotable” do partido neste municipio do sur lucense.
Luis Fernández Guitián naceu en Sober o 29 de novembro de 1962. Está casado. É músico e profesor de música e xa foi concelleiro do PP en Sober na lexislatura 1999-2003 na que tamén foi segundo tenente de alcalde.