Partido Popular de Lugo

O PP lamenta que cuestións personais impidan a defensa dos intereses do Concello de Viveiro tal e coma expresaron os seus veciños nas urnas

Lugo, a 18 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Lugo lamenta a decisión adoptada por cinco concelleiros da corporación de Viveiro que, pese a ter concurrido baixo as siglas desta formación política nas pasadas eleccións municipais, no día de onte anunciaron o seu paso ó grupo dos non adscritos. Lamenta asimesmo neste senso que o ata agora voceiro do grupo municipal popular Guillermo Leal e os seus catro compañeiros antepuxeran os seus intereses personais á defensa dos intereses xerais dos veciños de Viveiro.

O Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro explicou hoxe que os órganos de dirección do partido non foron informados de xeito oficial polos xa ex concelleiros do Partido Popular da súa decisión de abandonar a formación política. En calquera caso, explicou que a dirección provincial, tras a súa decisión de abadonar o Grupo municipal popular de Viveiro, iniciou automáticamente o proceso de expulsión do partido.

Balseiro tamén se referiu a intención manifestada por Leal de manter a súa acta de diputado provincial. Neste punto recalca  que este posto cúbrese por designación indirecta e que, polo tanto, a acta pertence ó Partido Popular.

Guillermo Leal está na corporación provincial, segundo recalca, en representación do partido xudicial de Mondoñedo, no que se inclúen os concellos da comarca da Mariña, A Pastoriza e Abadín, e  que foron os concelleiros electos destes municipios polo Partido Popular os que o elección coma deputado provincial. Non cabe dúbida, por tanto, segundo recalca o secretario xeral dos populares lucenses, que a acta provincial corresponde ó Partido Popular.

En base a esto, segundo indicou José Manuel Balseiro, dende a dirección provincial do partido agárdase que na actitude de Leal impere a coherencia e presente a súa renuncia inmediata a súa acta de diputado provincial. Entendemos que os intereses personais de carácter económico non deben en ningún caso prevalecer nin antepoñerse sobre os intereses xerais da formación política.