Partido Popular de Lugo

Beatriz García Santamarina asume a dirección de Novas Xeracións en Trabada

Trabada, 18 de decembro 2010.-  Onte tivo lugar o nacemento de Novas Xeracións de Trabada, no que estiveron presentes, arroupando á elexida presidenta, Beatriz  García Santamarina, o tamén trabadense e secretario xeral de NNXX de Galicia, Juan Francisco López Prieto; o presidente provincial, Daniel Vega e o secretario xeral provincial, José Antonio González, entre outros.

Tamén asistiron ao acto destacados membros do Partido Popular como o presidente provincial de Lugo, Xosé Manuel Barreiro; o secretario provincial de Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente local do Partido Popular de Trabada, Jose Manuel Yanes Ginzo e  o ex-conselleiro de Educación, Celso Currás Fernández.

O resto da executiva local está formada polo vicepresidente,Francisco Gómez Fernández; a secretaria xeral, Paula Yanes Marqués, e os vogais Antía Fernández. Acevedo, Hugo Fernández, Adán Díaz, Olga Yanes, Diego Santomé, Iván Fernández. Teijo, Reyes Yanes e César Díaz. 

Tanto a recén nomeada presidenta coma o resto da executiva local mostráronse dispostos a “traballar por conseguir unha Trabada mellor”, e “axudar a construír un futuro mellor para todos os mozos e mozas deste concello” con este proxecto común do Partido Popular de Trabada.