Partido Popular de Lugo

BALSEIRO ASEGURA QUE O ACTUAL GOBERNO DE GALICIA NON PUXO NINGÚN IMPEDIMENTO PARA DESENVOLVER O PROXECTO ACUÍCOLA DE PESCANOVA EN RIBADEO

Ribadeo, 18 de decembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balsiero Orol, aclarou que non existe ningún impedimento por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia para que a granxa de Pescanova na zona de Penedo do Corvo, en Ribadeo, poida levarse adiante e que só a actual situación económica impide a moitas empresas desenvolver os seus proxectos pendentes. “Cando podían investir non se lles deixou por parte da Xunta biparitita, que puxo impedimentos legais e técnicos, e agora que a crise limita a capacidade de acción das empresas veñen reclamando o que eles paralizaron”- concluíu Balseiro.

LAVADO DE IMAXE.- O deputado popular acusou á voceira socialista do Mar de faltar á verdade deliberadamente cando atribúe ao actual Goberno algún tipo de obstáculo e sinalou que, o que agora pretenden os socialistas é lavar a súa imaxe “porque o único dato certo é que quen freou realmente estos investimentos foi o bipartito, paralizando durante anos o plan de acuicultura por intereses políticos. Foi o PSOE quen frenou a creación de empregos durante catro anos”.

CATRO ANOS DO BIPARTITO, NINGUNHA PISCIFACTORIA.- O deputado popular ofreceu un dato significativo para apoiar as súas teses: durante os catro anos nos que PSOE e BNG tiveron a responsabilidade de Goberno da Xunta non se levou adiante ningún proxecto acuícola na Mariña e todas e cantas piscifactorias se fixeron proceden do impulso que os Gobernos que o PPdeG lle deron á acuicultura.

Pola conta, cando o PP accedeu á responsabilidade de Goberno da Xunta, desbloqueo a situación e publicou o mapa dos novos emprazamentos onde se atopa o de Penedo do Corvo, en Ribadeo.

O voceiro popular explicou que a Xunta actual o único que fixo foi eliminar do Plan Galego de Acuicultura algúns emprazamentos que non eran viables económica, social ou ambientalmente pero entre eles non está o de Ribadeo.

EMPRESAS DA MARIÑA XERAN EMPREGO E RIQUEZA EN PORTUGAL.- Balseiro tamén explicou que de non ter palizado o PSOE e máis o BNG desde a anterior Xunta o anterior Plan acuícola, seguramente teríase creado a pranta de Ribadeo e con ela moitos máis empregos dos que dun xeito directo traballarían na empresa Así o indicou o voceiro do Mar popular porque de feito existen compañías da Mariña lucense que están a aplicar o seu “facer saber” nas piscifactorías que Pescanova ten no pais veciño, en Portugal, onde tiveron que fuxir as empresas galegas despois de que o bipartito lles obrigara a buscar outros emprazamentos. Todo este emprego e riqueza que hoxe está en Portugal, “podería terse creado en Ribadeo, pero o PSOE non o permitiu”-concluíu Balseiro.