Partido Popular de Lugo

O GPPP afirma que a preocupación da Deputación polo emprego é nula

Lugo, a 17 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que a Deputación non fixo nada por promover a creación de emprego na provincia. A primeira razón que avala esta información é o feito de que ata agora estivera completamente paralizada a aplicación do plan de emprego que, en conxunto, ten consignado 3,4 millóns de euros de orzamento. Perdéronse, por tanto, dous anos para poñer en marcha estas accións e principiase a traballar nelo a seis meses das vindeiras eleccións municipais cun claro interese partidista.

Un interese partidista que os populares tamén detectan á hora de establecer a selección dos  concellos nos que se impartirán os 45 cursos de formación programados, dado que todos corresponde a municipios gobernados por socialistas e/ou nacionalistas.

O voceiro adxuntos dos populares na Deputación José María González Barcia tamén cuestiona a laboura que están a desenvolver os axentes de emprego dos respectivos concellos seleccionados posto que, segundo asegura, “están a funcionar como verdadeiros axentes electorais, establecendo que persoas se inclúen como beneficiarias deste programa formativo e cales non”.

Barcia advirte ademais de que a participación nestes cursos non implica un recoñecemento da cualificación profesional e incluso de que, pese a que dende a Deputación se asegura una remuneración media de 400 euros por asistencia, ésta non será real porque elo implicaría cubrir toda a xornada laboral, condición que non se cumpre na meirande parte dos cursos programados.