Lugo, 16 de decembro de 2010.- “Novas Xeracións vive no presente, mentres que Galiza Nova segue detida no pasado”. Son as palabras vertidas polo presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, en referencia ao acto que a agrupación xuvenil vinculada ao nacionalismo, Galiza Nova, preparada para este sábado en Vivero en recordo aos represaliados do franquismo. Dado esto, Vega pídelle a Galiza Nova que “deixe o pasado e se preocupe polo presente”.
Vega asegura que dende Novas Xeracións “tamén lembramos as vítimas do franquismo, porén non nos podemos afincar soamente no pasado, xa que é necesario traballar no presente para constituír un futuro”. Así, o presidente provincial explica que “mentres nosoutros nos reunimos cos sectores gandeiro e pequeiro ou nos preocupamos polo loita contra a violencia doméstica, dende Galiza Nova aséntanse no pasado e recórdano permanentemente”.
Según manifestou Vega, “creo que ese non é o camiño a seguir para representar a xuventude, apoiala, colaborar con ela e garantirlle unha camiño de futuro”. Dado esto, o presidente da agrupación popular asegura que “o único” que consegue Galiza Nova e os seus afiliados con actos similares é “estar no debate político-peligroso que crea máis división entre os uns e os outros”. “Sempre o mesmo”, conclúe Daniel Vega.