Partido Popular de Lugo

NNXX de Lugo reforza a súa estrutura coa constitución de dúas novas xuntas locais

Lugo, 16 de decembro 2010.-  Novas Xeracións da Provincia de Lugo continúa a reforzar a súa estrutura, como leva facendo dende o congreso celebrado en setembro, coa constitución de dúas novas xuntas locais. Mañá celebrarase no concello de Trabada a presentación da executiva local de NNXX, coincidindo coa cea do partido local. Así mesmo, o sábado, en Lourenzá, varios mozos da localidade tamén asumirán a responsabilidade de conducir a actividade da agrupación político xuvenil na localidade.

Con estas constitucións agrupación politica vinculada ao Partido Popular continúa co seu propósito de que NNXX estea presente nos 67 concellos da provincia de Lugo, tal e como o anunciara o seu presidente, Daniel Vega, no congreso provincial celebrado en setembro. Durante estes meses, puxéronse en funcionamento ou renováronse xestoras locais en varios concellos da provincia. Entre eles, atópanse Foz, Viveiro, Burela, Cervo, Ribadeo, Baralla, Becerreá, Monforte de Lemos e Lugo cidade.

Ademais, os afiliados de Novas Xeracións da provincia celebrarán a súa cea de Nadal este sábado na cidade de Lugo.