Xermade, a 10 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Xermade celebrou hoxe unha cea de confraternidade con afiliados e simpatizantes previa á chegada do Nadal que foi aproveitada pola dirección provincial para confirmar a Tomás Rodríguez Arias como cabeza de lista da candidatura popular ás vindeiras eleccións municipais.
No encontro, desenvolvido a primeira hora da noite nun restaurante da localidade, participaron, entre outros cargos orgánicos do partido, o presidente provincial José Manuel Barreiro e o secretario xeral da formación José Manuel Balseiro.
Barreiro aproveitou o encontro para animar ós asistentes a traballar “como fixestes ata agora e asegurar así que Tomás continúe ó fronte da Alcaldía, porque deu sobradas mostras de que é un bo alcalde, preocupado polos seus veciños e disposto a loitar por asegurar o mellor futuro para Xermade”.
Tomás Rodríguez Arias
Naceu en Vigo o 26/10/1952.
É empresario, está casado e ten tres fillos.
Iniciouse na actividade política nas municipais de 2003 como cabeza de lista do PP, ocupando dende entón a Alcaldía.